SERVICIO DE AUTOEMPREGO PARA IMMIGRANTES E EMIGRANTES RETORNADOS

O Servicio de Autoemprego é un recurso especializado que trata de complementar ós programas de servicios sociais, formación, emprego e promoción económica do territorio co fin de proporcionar ó colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados información, orientación e asesoramento específico para a posta en marcha da súa empresa.


BENEFICIARIOS:


O Servicio diríxise a todos aqueles inmigrantes e emigrantes retornados que residan nos concellos do Consorcio As Mariñas, ou non residindo neles, desexen establecerse como empresarios/as no seu territorio, teñan iniciativa empresarial, aptitudes ou posibilidades de emprender.


ACCIONS

Información, Orientación e Asesoramento
Atender as demandas concretas de información e asesoramento dos/das usuarios/as, relacionadas coa actividade emprendedora.

Elaboración do plan de empresa
Facilitar ó emprendedor a metodoloxía e as ferramentas necesarias para desenvolver o Plan de Empresa.

Posta en marcha da iniciativa empresarial
Tutelar técnicamente á persoa emprendedora, prestándolle asesoramento personalizado nos trámites necesarios para o inicio da actividade.

Tutela empresarial
Seguimento durante o primeiro ano co fin de facilitar o afianzamento e consolidación do/a empresario/a como tal e da propia empresa..

Axudas económicas
Axudas económicas de ata 1.500 € por unha soa vez, para contribuír a garantir ó inicio da actividade uns ingresos mínimos (ver normativa)