BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS ÓS GASTOS DE INVESTIMENTO PARA A CONSTITUCIÓN DA EMPRESA DENTRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSORCIO AS MARIÑAS E A CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN NO PROGRAMA DE ATENCIÓN A INMIGRANTES E EMIGRANTES RETORNADOS

DEFINICIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN.

Facilitar a integración laboral dos inmigrantes e emigrantes retornados no territorio do Consorcio As Mariñas promovendo e axudando a financiar a posta en marcha dos seus proxectos empresariais.

Estas axudas financiaranse con cargo á asignación orzamentaria 323A-780 do orzamento do Consorcio para o ano 2005 cun importe total de 40.000 €.

A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria deste exercicio prevista para este fin.

REQUISITOS QUE DEBERÁN REUNIR OS BENEFICIARIOS PARA A OBTENCIÓN DA SUBVENCIÓN.

Poderán solicitar estas axudas os inmigrantes e emigrantes retornados desempregados* do territorio do Consorcio As Mariñas ou aqueles que non residindo neste vaian a establecer a súa actividade empresarial dentro do mesmo (concellos de: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos ou por conta propia, sempre que:

Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben que constitúan unha sociedade que cumpra os seguintes requisitos:

Sexan sociedades de nova creación

Tódolos seus socios sexan persoas físicas.

Non percibisen este tipo de axuda nos catro inmediatamente anteriores á data de inicio da actividade

* Terán a consideración de desempregados aqueles que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e que carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da tesourería Xeral da Seguridade Social, e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional no momento da súa alta no correspondente da Seguridade Social.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes dirixiranse ó presidente do Consorcio As Mariñas e presentaranse no rexistro xeral do Consorcio As Mariñas, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime jurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola lei 4/1999, do 13 de Xaneiro acompañada da seguinte documentación:.

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de outubro de 2005.

DOCUMENTACIÓN:

As solicitude deberá presentarse no modelos normalizado (anexo I) e deberá ir acompañada, por exemplar duplicado, e un deles será orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación

a. En caso de persoa física NIF do solicitante, en caso de persoa xurídica CIF da empresa e NIF do representante legal da mesma.

b. Certificado de empadroamento que acredite a súa residencia no territorio do Consorcio As Mariñas ou documentación acreditativa do establecemento da actividade empresarial dentro do territorio do Consorcio As Mariñas.

c. Certificado de Emigrante retornado que acredite a condición de retornado do solicitante, de ser o caso.

d. Documentos acreditativos do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral , actualizado, na tesourería Xeral da Seguridade Social, de ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade, e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicacións dos períodos de alta nela e dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego.

e. Copias compulsadas de: Alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda. Alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No suposto de constitución dunha sociedade, escritura pública de constitución.

f. Memoria económica do proxecto empresarial asinada polo solicitante que inclúa orzamento de investimento, plan de financiamento que acredite a viabilidade do proxecto e aplicación de fondos, previsión de tesourería e conta previsional dos próximos 3 anos xunto con facturas proforma dos activos que se vaian a ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

g. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas

h. Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (Anexo 2)

i. Documentación acreditativa de encontrarse ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social.

AXUDAS:

Poderán concederse axudas de ata 1.500 € por proxecto e por unha soa vez, para contribuír a garantir ó inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que iniciaran a súa actividade empresarial entre o 1 de decembro de 2004 e o 30 de outubro de 2005.

A contía da axuda non poderá supera-lo 50% do investimento inicial en activo debidamente acreditado, no caso de mulleres esta porcentaxe increméntase ata o 60%. Considéranse dentro dos gastos subvencionables: reforma do local, maquinaria, instalacións, mobiliario, equipos informáticos, a adquisición de primeiras mercadorías co límite máximo de 1.500 €, e rótulos.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos:

a. Viabilidade técnica e económica do proxecto empresarial. Terase en conta a experiencia laboral do promotor/a en sectores relacionados co proxecto, rendibilidade económica e recursos achegados a posta en marcha do proxecto.

b. Número de postos de traballo que se vaian crear.

c. Interese do proxecto para o desenvolvemento do territorio.

d. Incorporación ou adaptación do proxecto as novas tecnoloxías.

e. Medidas de protección medioambiental.

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN

O procedemento de concesión das axudas e subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración que se establecen e coas dispoñibilidades orzamentarias existentes.

A avaliación das solicitudes efectuarase por unha Comisión de Avaliación que terá a consideración de órgano colexiado e que estará constituída polo Xerente do Consorcio As Mariñas ou persoa en quen delegue, o Titor de Proxectos Empresariais do convenio e o Asesor Xurídico do mesmo que actuará como Secretario.

A Comisión de Avaliación, unha vez analizadas as solicitudes presentadas, emitirá informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuado e presentará o presidente do Consorcio As Mariñas a correspondente proposta de adxudicación.

A resolución dos expedientes de axudas, unha vez fiscalizada a proposta da Comisión de Avaliación pola intervención, correspóndelle ó Presidente do Consorcio As Mariñas.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses, que se computarán a partir da publicación da convocatoria.

O vencemento do prazo máximo sen notificarse a resolución lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO:

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a xustificar os gastos realizados con cargo as mesmas, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.

De non achegarse con anterioridade unha vez concedida e aceptada a subvención o seu pagamento quedará condicionado a que os beneficiarios presenten a seguinte documentación:

- Orixinais das facturas ou documentos equivalentes para os que se concedeu a axuda polos conceptos subvencionables.

- Declaración comprensiva de do conxunto de axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

As obrigas dos beneficiarios son as seguintes:

- Realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda

- Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo órgano concédente aportando canta información lle sexa requirida.

INCOMPATIBILIDADES:

En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais supere o custo total de actividade que vaia desenvolver o beneficiario.


ANEXO I

Impreso de Solicitud de Axuda Economica
ANEXO II

Ficha de solicitude de transferencia bancaria