 |
|
PROPOSTA FORMATIVA DO
CONSORCIO AS MARIÑAS PARA O ANO 2006
Dende o Consorcio As Mariñas elaboramos este ano unha proposta de actividades formativas para os Concellos e Asociacións de Empresarios do territorio cofinanciados pola Excma. Deputación de A Coruña. Estas accións se dirixen a contribuír e mellorar as condicións para xerar emprego, e polo tanto, o desenvolvemento e crecemento das condicións económicas do territorio.
Esta proposta pretende ser complementaria e apoiar a oferta formativa dos distintos concellos do territorio e diríxese a empresarios e emprendedores.
O prazo para realizar as solicitudes para os novos cursos xa se encontra aberto, polo que si desexa solicitar algunha das accións formativas para a súa entidade pode dirixirse as dependencias do Consorcio As Mariñas sitas no Lugar de Bos, Naves O Carballal 4 en Guísamo, ben por telefono no 981784704, vía Fax no 981784721, via e-mail a
formacion@consorcioam.org ou ben dirixirse ás Axencias de Desenvolvemento Local dos Concellos onde se imparten as accións formativas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo e Sada)
As distintas accións serán levadas a cabo entre os meses de Febreiro e Xuño. O prazo de inscrición é ata unha semana antes do comezo do
curso .
O numero máximo de alumnos por acción será de quince. Os cursos son gratuitos.
OBXECTIVOS DA PROPOSTA
· Apoiar os emprendedores e empresarios do territorio mediante a información, orientación e formación suficientes de cara a posta en marcha e consolidación dos seus proxectos empresariais.
· Complementar a formación que os distintos concellos xa están a ofertar, de maneira que as actuacións conxuntas nesta materia facilite o fortalecemento do tecido empresarial de cada un dos concellos e de todo o territorio
· Fortalecer as redes de cooperación entre os empresarios/as do territorio
LISTADO CURSOS E SEMINARIOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS. 2006
1- TELEMARKETING E COMUNICACIÓN NA EMPRESA- 15 HORAS
2- CALIDADE NA ATENCION Ó CLIENTE PRESENCIAL E TELEFONICA- 10 HORAS
3- TECNICAS DE VENTAS DE CALIDADE E MARKETING NA MICROEMPRESA- 15 HORAS
4- XESTION DE ALMACEN- 10 HORAS
5- XESTION DOS RECURSOS HUMANS- 10 HORAS
6- CAPTACION DE CLIENTES- 5 HORAS
7- INVESTIGACION DE MERCADOS- 8 HORAS
8- CALIDADE NA COMUNICACIÓN CÓ CLIENTE- 5 HORAS
9- INGLES EMPRESARIAL- 8 HORAS
10- XESTION DE EQUIPOS DE TRABALLO- 5 HORAS
11- CALIDADE NAS RELACIONS COS PROVEEDORES- 5 HORAS
12- HABITOS DE XESTION EFICAZ NA EMPRESA- 8 HORAS
13- HABILIDADES EMPRESARIALES PARA EMPRENDEDORES- 10 HORAS
14- CREACION DE EMPRESAS PARA EMPRENDEDORES- 10 HORAS
PROGRAMA DOS CURSOS E SEMINARIOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS. 2006
|