español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Residuos »  As 3 erres

As tres erres

OS TRES ERRES


A elevada capacidade de consumo que caracteriza á nosa sociedade leva anexa a aparición de grandes e novos problemas. Entre eles revélase como un dos acuciantes o suscitado polo espectacular incremento dos residuos dos núcleos urbáns. O actual sistema económico basea o seu funcionamiento en converter a gran velocidade cheas de materias primas en cheas de residuos. Todo iso nun planeta onde os residuos son finitos. Por iso, e apostando por unha filosofía deDESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, tendo en conta os límites de noso planeta, o primeiro paso a dar é, sen dúbida, a redución de residuos.

REDUCIR o consumo, reducir a cantidade de residuos que xeneramos é vital para a saúde do medio ambiente. É necesario concienciarnos de que todos e cada un de nós estamos contribuíndo a que o noso planeta se encha de lixo e tamén está na nosa man cambiar esta situación, colaborar para que o noso medio ambiente sexa máis limpo e máis san e poidamos deixar un legado decente ás xeracións futuras. Aínda que o primeiro paso no coidado do noso medio ambiente é reducir, unha vez producido o residuo é convenienteREUTILIZALO se se pode e, xa en último termoRECICLALO. Por iso é de suma importancia a participación cidadá nas recollidas selectivas que se están realizando e nas que se vaian implantando progresivamente no futuro.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org