español  | galego 
Foto
 »  Servicios Sociales »  Noticias

Encabezado noticias

Noticias

Plugin noticias

[30/04/12] FAMILIAS ACOLLEDORAS

O Consorcio As Mariñas e Cruz Vermella buscan familias acolledoras

Persoal técnico dos servizos sociais comunitarios dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) reuníronse hoxe, no marco do Plan Coordinador de Servizos Sociais, co equipo técnico de acollemento familiar da Cruz Vermella de Galicia co obxectivo de coñecer máis de preto este programa.Os representantes dos servizos sociais comunitarios comprometéronse na tarefa de difundir este programa que ten por obxectivo a atención familiar a menores que non poden vivir temporalmente coa sua familia, tratando de evitar o internamento nun centro. O persoal da Cruz Vermella explicou os distintos tipos de acollemento (temporal, de día, de fins de semana e vacacións e de urxencia) e os trámites e pasos que unha familia ou persoa debe seguir para acceder ao programa, que dendé o ano 1996 vense desenvolvendo a nivel autonómico.As persoas interesadas poden achegarse aos servicios sociais dos concellos do Consorcio As Mariñas onde recibirán información detallada do programa.Na provincia da Coruña, en marzo do presente ano, 79 nenos e nenas atopabanse en situación de acollemento en 56 familias acolledoras das cales 12 residen no territorio do Consorcio As Mariñas (un 21,4% do total). A dia de hoxe 17 nenos e nenas permanecen á espera para acceder a este recurso, que lles ofrecería un modo de vida normalizado nun entorno familiar

más información
[22/03/12] DEZ ANOS DO PLAN COORDINADOR

O Consorcio As Mariñas conmemora os dez anos do Plan Coordinador de Servizos Sociais

más información
[16/12/11] FOTOGRAFIAS GAÑADORAS DO III CONSURSO DE FOTOGRAFIA

A entrega de premios tivo lugar en Carral

O XURADO DO III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA POLOS DEREITOS HUMANOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS ENTREGOU OS PREMIOS AOS GAÑADORES

16 de decembro de 2011.- O xurado do III Concurso de Fotografía polos Dereitos Humanos que organiza o Consorcio As Mariñas no marco da campaña 16 días de activismo contra a violencia de xénero deu a coñecer aos gañadores e as imaxes premiadas.

Integrado por Santiago Casal Quintáns, fotógrafo, Víctor Omgba, presidente da Asociación Equus Zebra e Juan A. Pulido Álvarez, coordinador de Médicos do Mundo Galicia destacaron no fallo a profundidade no enfoque, a calidade e o tratamento dos temas plantexados no concurso, e que os participantes, tendo en conta as idades, souberon reflexar nas súas obras.

O certame estivo dirixido a xoves de entre 12-18 anos residentes en Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Entre as imaxes recibidas, seleccionáronse tres fotografías. O primeiro premio foi para Javier Tasende Sanmartín, alumno de 2º da ESO do IES de Viós de Abegondo pola fotografía 'Rodas 1'.  O segundo premio recaeu en Daniel Muiños Noguerol, alumno de 2º da ESO no CPI Cruz do Sar de Bergondo pola fotografía 'Aprendendo a nadar'. O terceiro premio foi para Silvia Acuña Ruano, alumna de 1º de Bacharelato do IES María Casares de Oleiros, pola fotografía 'Nin o intentedes'.

En total foron 44 os traballos presentados nesta edición. A temática dos mesmos debía aos dereitos da infancia, igualdade e equidade de xénero; medio ambiente; adolescencia e mocidade; liberdade de expresión, entre outros. O primeiro premio é un IPAD 2 mentres que o segundo recibiu un IPOD Nano e o terceiro un IPOD Shuffle.

A entrega de premios tivo lugar Edificio Administrativo 'Toñito Espiñeira' de Carral e estivo presidido por Margarita Ramilo e Laura Calvo, concelleiras de Servizos Sociais de Carral e Abegondo respectivamente.

A campaña 16 días de activismo contra a violencia de xénero conta coa subvención da Deputación Provincial da Coruña.

Fotografía gañadora do 1º premio

Fotografía gañadora do 2º premio Fotografía gañadora do 3º premio

más información
[14/11/11] III CONCURSO DE FOTOGRAFIA CONSORCIO AS MARIÑAS

III CONCURSO DE FOTOGRAFIA CONSORCIO AS MARIÑAS

O Consorcio As Mariñas convoca o III Concurso de Fotografía polos Dereitos Humanos. Esta iniciativa pretende potenciar a creatividade, así como pór en valor distintas actitudes no noso territorio en relación cos dereitos humanos.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org