español  | galego 
Foto
 »  Servicios Sociales »  Noticias

Encabezado noticias

Noticias

Plugin noticias

[12/06/12] BULE CON ALCER

O Consorcio As Mariñas e Alcer desenvolven *BULE CON ALCER* programa que foi presentado hoxe polo responsable político do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, Ignacio Crespo, a concelleira de Benestar Social do concello de Culleredo, Raquel Jabares e o deputado provincial, Antonio Cañás, acompañados por directivos e técnicos de Alcer Coruña.

Bule con Alcer promove* a actividade física e social* a través de *grupos de traballo de 20 participantes*, onde se realiza un programa que proporciona beneficios físicos, psicolóxicos e sociais á poboación da provincia da Coruña con *calquera tipo de enfermidade crónica*, proporcionando hábitos de vida saudábeis, ademais de facilitar as ferramentas necesarias para a realización da práctica regular do exercicio físico con autonomía. Outro dos aspectos novidosos do /Bule/ é a posibilidade da *inclusión dos familiares *das persoas enfermas, producindo un beneficio que impacta no círculo próximo relacional do/a participante.

No Consorcio das Mariñas desenvolverá actividade un grupo en Culleredo, na Costa da Lonxa, os lúns e mércores de 10.00 a 11.30, estando previsto que en breve de comenzo un segundo grupo noutro dos concellos do Consorcio As Mariñas.*

más información
[05/06/12] FÓRMANSE EN DEREITO DE FAMILIA

Promovido polo Consorcio As Mariñas

PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS FÓRMANSE EN DEREITO DE FAMILIA

Preto dunha treintena de profesionais dos servizos sociais municipais dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) reuníronse en Villa Melania, no concello de Culleredo, para asistir a unha xornada de formación en conceptos básicos sobre dereito de familia. No acto inaugural tano a responsable da área de Benestar social e dimanización local do concello anfitrión, Raquel Jabares, como o responsable político da área de Servizos Sociais do Consorcio, Ignacio Crespo, resaltaron o aumento da carga de traballo neste departamento e na necesidade de dar respostas áxiles e eficaces aos problemas que as persoas usuarias plantexan nun contexto económico como o actual. A xornada é unha iniciativa do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas coa que trata familiarizar ao persoal técnico municipal nunha materia como a do dereito de familia, sobre a que se están a incrementar as consultas. Separación, dereitos e deberes dos pais, réxime de visitas ou pensións compensatorias foron algúns dos temas expostos pola asesora xurídica do Plan Coordinador de servizos sociais, Victoria Fernández Gamboa.

más información
[30/04/12] FAMILIAS ACOLLEDORAS

O Consorcio As Mariñas e Cruz Vermella buscan familias acolledoras

Persoal técnico dos servizos sociais comunitarios dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) reuníronse hoxe, no marco do Plan Coordinador de Servizos Sociais, co equipo técnico de acollemento familiar da Cruz Vermella de Galicia co obxectivo de coñecer máis de preto este programa.Os representantes dos servizos sociais comunitarios comprometéronse na tarefa de difundir este programa que ten por obxectivo a atención familiar a menores que non poden vivir temporalmente coa sua familia, tratando de evitar o internamento nun centro. O persoal da Cruz Vermella explicou os distintos tipos de acollemento (temporal, de día, de fins de semana e vacacións e de urxencia) e os trámites e pasos que unha familia ou persoa debe seguir para acceder ao programa, que dendé o ano 1996 vense desenvolvendo a nivel autonómico.As persoas interesadas poden achegarse aos servicios sociais dos concellos do Consorcio As Mariñas onde recibirán información detallada do programa.Na provincia da Coruña, en marzo do presente ano, 79 nenos e nenas atopabanse en situación de acollemento en 56 familias acolledoras das cales 12 residen no territorio do Consorcio As Mariñas (un 21,4% do total). A dia de hoxe 17 nenos e nenas permanecen á espera para acceder a este recurso, que lles ofrecería un modo de vida normalizado nun entorno familiar

más información
[22/03/12] DEZ ANOS DO PLAN COORDINADOR

O Consorcio As Mariñas conmemora os dez anos do Plan Coordinador de Servizos Sociais

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD