Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/t3lib/class.t3lib_userauth.php on line 278

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/class.tslib_fe.php on line 3221
Servicios
 español  | galego 
Foto
 »  Servicios Sociales »  Que hacemos »  Servicios

Servicios

ASESORÍA XURÍDICA SOCIAL


Ten como fin ofrecer un apoio xurídico na resolución dos distintos conflitos ou problemáticas que poidan presentar tanto as persoas ou familias como os propios profesionais dos equipos técnicos dos servizos sociais comunitarios dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas.

1.- Asesoría xurídico social especializada en PERSOAS INMIGRANTES

Servizo prestado por unha asesora xurídica que ten como obxectivos evitar situacións de desprotección das persoas inmigrantes, favorecer os procesos de normalización e regulación, informar e orientar, garantir o acceso aos recursos e previr situacións de indefensión.

Este servizo está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 Obxectivo Temático 9 "Promover la igualdad, la salud y la inclusión social"

Tras unha valoración inicial por parte dos servizos sociais de cada concello a persoa é derivada ao servizo, a través dun protocolo xa establecido. A atención, sempre é no propio concello de cada persoa usuaria do servizo.

As actuacións non se limitan a un simple asesoramento e orientación xurídica, senón que tamén se realiza a tramitación de procedementos, a elaboración de documentos, xestións ou intermediacións ante outros organismos ou entidades, mediación, apoio ao servizo de xustiza gratuita prestado por outros profesionais...

A atención e a frecuencia de asistencia a cada concello se organiza en función da demanda e da poboación que hai en cada unha deles, asi vai dende os catro días de atención mensuais nos concellos de mais poboación aos dous días ao mes nos mais pequenos, pasando polos tres días de atención nos dun tamaño intermedio.

2.- Asesoría xurídico social especializada

Este servizo é prestado na actualidade por dúas persoas licenciadas en dereito e un auxiliar admnistrativo, especializadas nos ámbitos da súa actuación no que teñen unha maior demanda. Servizo cofinanciado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña a través dun convenio anual.

É un servizo moi valorado por todos os concellos, dada a súa alta especialización e a que poucos deles poderían disponer del por si mesmos.

Ademais proporciona unha formación permanente aos profesionais dos equipos ao respeto das novedades lexislativas que se poidan producir no seu ámbito de actuación.

A calidade da atención, a súa organización e a novedosa metodoloxía de intervención fai que este servizo sexa unha referencia no ámbito dos servizos sociais.

GABINETE DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL

O seu obxectivo é apoiar aos equipos de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios na inserción social e laboral daquelas persoas con especiais dificultades para acceder ou manter un posto de traballo.

O servizo está baseado na idea de que o acceso ao mundo laboral é o mellor camiño para acadar unha plena integración social.

PROGRAMA DIRIXIDO Á INCLUSIÓN SOCIAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN OU EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

A metodoloxía de traballo é a través de itinerarios de inserción personalizados, co acompañamento profesional necesario, e cun carácter flexible e integral, de tal forma que en todo o momento a persoa se vexa apoiada.

Os colectivos ou grupos aos que está dirixida especialmente a actividade do gabinete é o de persoas con discapacidade, enfermos mentais, mulleres con baixa ou nula formación ou capacitación profesional, persoas carentes de habilidades sociais e hábitos laborais..., en definitiva persoas con problemas de empregabilidade.

Este servizo está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 Obxectivo Temático 9 "Promover la igualdad, la salud y la inclusión social"

A derivación ao gabinete, como no caso de asesoría xurídica, é dende os servizos sociais de cada concello a través dun protocolo. Neste caso a atención é de un ou dous días ao mes dependendo do concello.

As actuacións desenvoltas dende o Gabinete son as seguintes:

  • Acompañamento na búsqueda autónoma de emprego (orientación, corrixir déficits, adquisición de habilidades....).
  • Obradoiros de preparación para a inserción, buscando conquerir a motivación necesaria a través de dinámicas grupais, combinadas con técnicas de autoaxuda, axuda mutua e titorías individualizadas.
  • Formación a medida na empresa: adestramento dentro dunha empresa nos hábitos laborais e tarefas necesarias para desenvolver un traballo e acceder a un emprego. Este servizo está cofinanciado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.
  • Formación e inserción laboral en espazos protexidos: pequenos espazos de inserción tutelados con servizos e recursos de axuste persoal e social. Nos últimos anos estanse a desenvolver nesta liña distintas brigadas medioambientais que realizan traballos de xardinería ou de limpeza viaria. Están integradas por unha preparadora laboral que acompaña e apoia para realizar estas tarefas, durante dous días á semana, a un grupo de arredor de cinco persoas, normalmente con algún tipo de discapacidade severa ou problema de saúde mental. Este servizo está cofinanciado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.

O equipo de profesionais está integrado por unha psicóloga, unha técnica de inserción e catro preparadoras laboráis.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org