español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Taxa

Taxa

TAXA


As taxas son un tributo propio, que os concellos cobran pola prestación de servizos de competencia local cando estes sexan de solicitude ou recepción obrigatoria e, ademais, non sexan susceptibles de ser prestadas por parte da iniciativa privada (artigos 20 a 27 da Lei Reguladora das Facendas Locais).

No ámbito ambiental, a Axencia Europea do Medio define as taxas de cobertura de custos, como aqueles tributos deseñados para que os que fan o uso do medio paguen total ou parcialmente o custo deste uso.

Especificamente diferencian as taxas de usuario como aquelas onde os usuarios pagan por un servizo especifico (AEMA, 1997,21). Tal seria o caso da taxa pola recollida e tratamento dos residuos urbanos.

TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO


Constitue a taxa de prestación de este servizo de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos nos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.

Entendérase de recepción obrigatoria o servizo prestado a tódolos establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados.

A QUEN ESTA DIRIXIDO


  1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades á que se refire o artigo 35.4 da Lei
    58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen ou sexan susceptibles de utilizaren vivendas e locais
    emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas radicados nos termos municipais de Abegondo, Arteixo, Bergondo,
    Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, nos que se preste o servizo de recollida, transporte e tratamento de
    lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos polo Consorcio As Mariñas. Dita ocupación ou utilización entenderase sempre
    realizada, xa sexa a título de propietario ou usufrutuario ou habitacionista, arrendatario ou mesmo de precario.
  2. Cando se trate de servizos prestados previa solicitude, será suxeito pasivo o solicitante, ou causante da prestación.
  3. No caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo da empresa prestadora do servizo
    de distribución de augas, presumirase que é suxeito pasivo o titular do abono ao citado Servizo, e no caso de establecementos nos que se realicen actividades económicas, a persoa física ou xurídica que figura como suxeito pasivono Imposto sobre Actividades Económicas e nos restantes tributos municipais que graven ou poidan gravar a actividade desenvolvida.
  4. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas, beneficiarios do servizo.

Responderán solidariamente das obrigacións tributarios do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas á que se refiren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org