español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

O Consorcio As Mariñas é galardoado nos Premios Coopera

[05/02/2014] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

O Consorcio As Mariñas ven de recibir unha mención especial na segunda edición dos Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2013. Estos premios son convocados dende a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O acto de entrega de distincións, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acompañado polo Vicepresidente, Alfonso Rueda e polo presidente da FEGAMP, José Manuel Rey, tivo lugar hoxe pola mañá na cidade da Cultura de Santiago e a el acudiu a Vicepresidenta do Consorcio e alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, acompañada de alcaldes e representantes municipais e do propio ente supramunicipal.

Nesta última edición, correspondente aos proxectos do ano 2013, o Consorcio As Mariñas acadou unha mención especial polo proxecto piloto de xestión compartida de servizos denominado 'Sistema de valorización dos residuos vexetais dos puntos limpos do Consorcio As Mariñas' co que se instalarían dúas máquinas trituradoras e compactadoras en dous puntos limpos da área, reducindo o volume dos residuos vexetais depositados de xeito que se tivera máis capacidade de recepción e se puideran tamén optimizar os transportes destes residuos ata o xestor final autorizado, reducindo custos e a contaminación que xeran.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org