español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

V XIRA DE MINIBASKET

[09/06/2013] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

Hoxe foi presentada, no Salón Azul do concello de Betanzos, a quinta edición da Xira de Minibasket "Consorcio As Mariñas" que terá lugar este sábado, 8 de xuño, nas pistas exteriores do pavillón polideportivo municipal de Betanzos e que reunirá a máis de 200 nenos e nenas. Foi presentada polo concelleiro de Deportes do concello de Betanzos, Diego Fernández e o xerente do Consorcio As Mariñas, Miguel Sandar acompañados por representantes do clbue organizador e do técnico de deportes municipal. A competición contará coa participación das categorías alevín e benxamín de sete clubs e agrupacións deportivas do territorio. Este ano o club organizador é o Club Baloncesto Santo Domingo de Betanzos, que conta coa colaboración do concello de Betanzos, Cespa e Coca Cola, ademáis de coa do Consorcio As Mariñas.

A finalidade desta actividade é de fomentar a convivencia, xogo limpo e converter a sana rivalidade de deportistas e seareiros nunha xornada de lecer, transmitindo nas categorías base a importancia do respecto e a deportividade.

A xira dará comezo ás 10.00 horas e enfrontará ás seguintes entidades: Concello de Abegondo, Club Baloncesto Arteixo, CEIP Vales Villamarín de Betanzos, Baloncesto Cambre, Club Baloncesto Culleredo, AD Valle Inclán de Oleiros e CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada. Os equipos compartirán unha liguilla e concursos de habilidades.

Esta quinta edición trata de dar continuidade ao traballo comezado no ano 2009 e ten carácter rotatorio co que cada ano se celebrará nun concello do Consorcio As Mariñas, tratando así de achegar o deporte de base e, neste caso, o baloncesto, a todo o territorio.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org