español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

O PLAN DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO ALCANZA OS 800 USUARIOS PREVISTOS PARA A PRIMEIRA FASE

[24/02/2020] Categoría: Destacados, Residuos Urbanos, Consorcio As Mariñas

O plan de compostaxe doméstica do Consorcio As Mariñas completa a súa primeira fase cunha boa acollida entre os veciños e veciñas da área. A cifra marcada de 800 usuarios acábase de completar e o ente supramunicipal seguirá recibindo solicitudes de persoas interesadas para unha segunda fase da iniciativa.

Así, o Consorcio repartiu un total de 800 composteiros de forma gratuíta entre os veciños dos oito concellos que o compoñen: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Esta primeira fase iniciouse en xuño de 2018.

Cada un deles recibiu a visita da brigada cívica do Consorcio, que lles guiou na instalación do biocontenedor. O plan ten o obxectivo de que os particulares poidan aproveitar a fracción orgánica para abono. O único requisito é contar con horta ou xardín duns 50 metros cadrados para poder instalalo.

Pola experiencia do uso, o Consorcio xa puido comprobar que o compost, resultado da descomposición da materia orgánica, que se está xerando entre os usuarios é de gran calidade e serve para a súa utilización como abono de maneira óptima, evitando aqueles sintéticos.

O presidente do Consorcio, José Antonio Santiso, destaca que este plan está a impulsar unha práctica que "promove a reutilización do lixo, preserva o medio e mellora a saúde das plantas".

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
bondage-guru.netpornoplanet.org