español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

III Congreso Natureza e Imaxe

[25/04/2013] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados
  • Datas: Maio e xuño de 2013
  • Lugar: Concellos do Consorcio As Mariñas
  • Colaboran: Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Foto Artús.
  • Organizan: CEIDA.
  • Patrocina: Consorcio das Mariñas

O CEIDA pon en marcha, patrocinado polo Consorcio As Mariñas, o III Congreso Natureza e Imaxe, dirixido a todo o público pero, de maneira especial, aos profesionais e afeccionados á fotografía. O obxectivo é presentar a fotografía como unha ferramenta clave para dar a coñecer á cidadanía a importancia dos recursos naturais que nos rodean e a necesidade de conservalos. Preténdese, así mesmo, estimular a práctica fotográfica responsable entre os asistentes.

Durante todo o mes de maio e xuño de 2013 diferentes exposicións, conferencias, cursos, obradoiros e outras actividades relacionadas coa fotografía ou coa ilustración da natureza desenvolveranse nos concellos do Consorcio As Mariñas.

Programa completo (díptico pdf)

Estas son as actividades que necesitan inscrición:

  • 8-9 maio: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto. Lugar: Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo).
  • 1 xuño: Test de Biodiversidade.  Lugar: Encoro de Cecebre (Abegondo).
  • 8 xuño: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.  Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org