español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

SEDE ELECTRONICA

[07/02/2013] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

Presentación da sede electrónica do Consorcio As Mariñas


O diputado provinicial, Antonio Cañas, acompañado polo Alcalde de Betanzos, José Ramón García e o Xerente do Consorcio, Miguel Sandar, presentaron esta mañá a posta en marcha, desde hoxe mesmo, da Sede Electrónica do Consorcio As Mariñas.

Con esta ferramenta de actividade, os cidadáns poderán realizar os trámites administrativos, relacionados co Consorcio, dende calqueira sitio, as 24 horas do día e os 365 días do ano. A sede do Consorcio As Mariñas, permitirá por exemplo, presentar solicitudes relativas aos colectores de lixo, de recollida de animais e de recollida de utensilios voluminosos, así como presentar recursos, queixas, reclamacións ou suxestións relacionadas co servizo de recollida de resíduos.

Ademais, os cidadáns poderán descargar a través desta plataforma calquer formulario, que logo poderán presentar no rexistro presencial do Consorcio As Mariñas ou no rexistro telemático da sede electronica.

O investimento da institución provincial para pór en marcha toda a plataforma é de 177.000 euros, o mesmo que tería que realizar cada administración local por separado.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org