español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

EXPOSICION DE FRANCISCO ESCUDERO

[18/04/2013] Categoría: Destacados, Consorcio As Mariñas

Onte foi inaugurada en Abegondo a exposición itinerante do escultor Francisco Escudero que leva por título "Experiencia creativa 2002-2012". Esta iniciativa cultural do Consorcio As Mariñas enmárcase na proposta conxunta das concellerías de cultura dos nove concellos que busca a promoción e difusión de manifestacións artísticas e culturais do territorio. Neste caso, e cun marcado carácter didáctico, a exposición amosa ao público aspectos pouco coñecidos do oficio de escultor complementado con conferencias e visitas guiadas á exposición.

Calendario da exposición:

 

  • Abegondo: do 17 ao 30 de abril no Centro Cultural "O Salón" San Tirso.
  • Bergondo: do 6 ao 20 de maio no Edificio A Senra.
  • Culleredo: do 1 ao 15 de xuño no Xardín Botánico.
  • Arteixo: do 21 de xuño ao 6 de xullo no Centro Cívico Municipal.
  • Cambre: do 11 ao 26 de xullo na Biblioteca Municipal.
  • Carral: do 3 ao 15 de setembro no Centro Cultural "Toñito Espiñeira".
  • Oleiros: do 27 de setembro ao 13 de outubro (lugar por determinar).
  • Sada: do 17 ao 31 de outubro na Casa da Cultura "Pintor Lloréns".
  • Betanzos: do 3 ao 18 de decembro no Edificio Liceo.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org