español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

Día Mundial da Saude Mental

[11/10/2012] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

O programa de radio 'Hoy por hoy' de Radio Coruña-Cadena SER, serviu de voceiro aos protagonistas do Consorcio As Mariñas no Día Mundial da Saude Mental. Realizado en directo desde o centro de APEM en Cambre, nel díronse cita institucións como o propio Consorcio a través do seu presidente, José Antonio Santiso e o responsable do Plan Coordinador de Servizos Sociais, Ignacio Crespo, a concelleira de Benestar Social do concello de Cambre, Mª Jesús González, así como José Mª Iparraguirre, técnico de APEM, Juanma Delgado, xogador dos Veteranos do RC Deportivo e os propios usuarios do centro que relataron a súa experiencia e as das súas familias.

Seguindo o lema deste ano 'Invirtamos en saude mental' todos coincidiron na necesidade de seguir a invertir en programas de integración social, de ocio, de acceso ao mercado de traballo, etc.

Esta conmemoración terá como colofón o partido que  usuarios e xogadores dos Veteranos do RC Deportivo disputarán no Pavillón Municipal de Abegondo o vindeiro xoves 18 de outubro a partir das 18.00 horas.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org