español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE COLECTORES

[20/03/2020] Categoría: Destacados, Residuos Urbanos, Consorcio As Mariñas

O Consorcio As Mariñas está levando a cabo traballos de desinfección de contenedores como medida de prevención contra a propagación do Covid-19.

A campaña prolongarase durante todo o estado de alarma decretado polo Goberno do Estado.

A desinfección consiste en aplicar desinfectante con hipoclorito sódico nos principais elementos que utiliza a cidadanía e os operarios. É o caso das tapas, asas e suxeitacontedores. Tamén se aplica na súa contorna.

Respecto ás zonas xeográficas, nun primeiro momento centrarase nos puntos máis concorridos. Así, nas primeiras horas levouse a cabo este servizo en zonas do Burgo (Culleredo), concello de Cambre e concello de Betanzos.

Así mesmo, o servizo refórzase hoxe venres xa que onte non se realizou recollida por ser festivo.https://www.facebook.com/hashtag/consorcioasmariñas?source=feed_text&epa=HASHTAG&__xts__%5B0%5D=68.ARCwmvwTjGRK6D-wva_6ZoTtG4KiUH9E_sDiKezzlkPTIJt4ip3Gm4p8IE3jbeDMYuczsDK-NHfEY2wowh2jUT42y42-WZpoG6dOMKEdH7o4lpWu-FDQOheQmnyDKhZcBhdLdYp4TtZ0naXc3LOtZk0MTz2aiwojpvjJsdXs8yeaOgfEkvURNBG2XTtCaChcpJnPR64PhHyLyQkHz5PDuCgW8kxGyfhr6hv25pmkfBMKpHxyv9Q-Lprc73P_myardNeWJNieh1-4zYJFOlh7IFeyqrkvRuXy0vicpzd4cM-n0pb6WvzpUkEr-XyAYcmwZqhxOcSPMTOwcUP_r3oSlNA&__tn__=%2ANK-R

Queremos repetir o noso agradecemento aos profesionais da recollida e tratamento do lixo que están levando a cabo un traballo esencial nun momento tan difícil coma este.

Os alcaldes dos municipios adheridos ao Consorcio tamén trasladan este agradecemento e alaban o esforzo que están levando a cabo.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org