español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES CONSORCIO AS MARIÑAS

[29/09/2011] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

PRESENTADO O VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES CONSORCIO AS MARIÑAS


28 de setembro de 2011- Este sábado comeza o VII Festival Internacional de Títeres Consorcio As Mariñas, que nesta edición traerá aos concellos que integran o Consorcio As Mariñas as mellores compañías de teatro de monicreques iberoamericanas e españolas, coa presenza de especialistas procedentes de Arxentina, Chile, Colombia, Perú, Brasil, México, Costa Rica, Uruguai, Portugal e España (Soria, Madrid e Aragón). En concreto, o Festival reunirá durante doce días a trece compañías que realizarán máis de 40 representacións.

Financiado pola Deputación da Coruña, o Festival Internacional de Títeres Consorcio As Mariñas, ten como obxectivo favorecer as inquedanzas culturais, artísticas e sociais dos municipios que integran o Consorcio (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), facilitando deste modo o acceso a ofertas lúdicas de calidade a súa poboación, así como achegar a cultura dos monicreques e introducir tanto ao público adulto como infantil no mundo do teatro.
Un ano máis, o Festival deste ano salienta pola variedade da programación e de técnicas xa que inclúe obras con bonecos de luvas, sombras, marionetas con fíos, de mesa, narracións, teatro de máscaras, mesa e vara, entre outras, para achegar ao público a  gran variedade de estilos tanto no deseño dos personaxes coma na manipulación destes, así como a diversidade de liñas de argumento e de expresión artística que caracterizan ao teatro de monicreques contemporáneo. Ademais, haberá obras para diferentes idades.

O programa completo foi presentado esta mañá en rolda de prensa por Ernesto Anido, alcalde de Sada e responsable de Cultura do Consorcio As Mariñas; Jorge Rey, coordinador do Festival, e os  concelleiros de cultura dos concellos que integran a entidade supramunicipal.

CALENDARIO COMPLETO

Sábado 1:

  • Carral. Obra: La Carpa de los Dos Dolores. Compañía: Guiñoleros UAS (México). Lugar e hora: Centro Cultural Toñito Espiñeira, ás 17.30 horas.
  • Bergondo. Obra: El lobo Rodrigo. Compañía: El Albrojito (Arxentina). Lugar e hora: A Senra, ás 18h.



Domingo 2:

  • Bergondo. Obra: El EnmaZcarado. Compañía: El Conchón (Chile). Lugar e hora: A Senra, ás 18h.
  • Sada. Obra: ReCuerdos. Compañía: Taller de Arte El Colectivo (Arxentina). Lugar e hora: Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 18 h.



Luns 3:

  • Cambre. Obra: Amor de cuentos. Compañía: Teatro Arbolé (Aragón). CSC Graxal, ás 19h.
  • Carral. Obra: El señor del mar. Compañía: Madero Grupo Teatro (Perú). Lugar e hora: Colexio Vicente Otero, ás 11.30 h.
  • Culleredo. Obra: El lobo Rodrigo. Compañía: El Albrojito (Arxentina). Lugar e hora: CEIP Isaac Díaz Pardo, ás 11.30 h.



Martes 4:

  • Cambre. Obra: Juanito y los frijoles mágicos. Compañía: La Bicicleta (Costa Rica). CSC Graxal, ás 19h.
  • Oleiros. Obra: La carpa de los dos colores. Compañía: Guiñoleros UAS(México). Auditorio CC A Fábrica ás 11.30 h.
  • Abegondo. Obra: El EnmaZcarado. Compañía: El Conchón (Chile). Lugar e hora: CEIP San Marcos, ás 12 h.
  • Culleredo. Obra: Los tres reyes y un simple. Compañía: Tesis Teatro (Colombia). Lugar e hora: CEIP Ría de O Burgo, ás 11.30 h.



Mércores 5:

  • Cambre. Obra: El señor del mar. Compañía: Madero Grupo Teatro (Perú). CSC Graxal, ás 19 h.
  • Culleredo. Obra: La carpa de los dos colores. Compañía: Guiñoleros UAS (México). Lugar e hora: CEIP de Tarrío, ás 11.30 h.
  • Abegondo. Obra: Torta y Leche. Compañía: Juan Catalina (Soria). Lugar e hora: IES Viós, ás 16.30h.
  • Carral. Obra: El EnmaZcarado. Compañía: El Conchón (Chile). Lugar e hora: Colexio Víctor Velasco, ás 11.30 h.


Xoves 6:

  • Oleiros. Obra: El señor del mar. Compañía: Madero Grupo Teatro (Perú). Auditorio CC A Fábrica ás 11.30 h.
  • Sada. Obra: Juanito y los frijoles mágicos. Compañía: La Bicicleta (Costa Rica). Lugar e hora: Gardería municipal, ás 11 h.
  • Culleredo. Obra: Amor de cuentos. Compañía: Teatro Arbolé (Aragón). Lugar e hora: Edif. de Usos Múltiples, ás 11.30 h.
  • Arteixo. Obra: Torta y Leche. Compañía: Juan Catalina (Soria). Lugar e hora: Auditorio do Centro Cívico Cultural, 17h.


Vernes 7:

  • Oleiros. Obra: Juanito y los frijoles mágicos. Compañía: La Bicicleta (Costa Rica). Auditorio CC A Fábrica ás 11.30 h.
  • Sada.
    • Obra: El lobo Rodrigo. Compañía: El Albrojito (Arxentina). Lugar e hora: Gardería municipal, ás 11 h.
    • Obra: Amor de cuentos. Compañía: Teatro Arbolé (Aragón). Lugar e hora: Gardería municipal, ás 18 h.
  • Culleredo. Obra: ReCuerdos: Taller de Arte Colectivo (Arxentina). Lugar e hora: CEIP Sofía Casanova, ás 11.30 h.
  • Arteixo. Obra: La carpa de los dos colores. Compañía: Guiñoleros UAS (México). Lugar e hora: Auditorio do Centro Cívico Cultural, ás 20.30h.
  • Carral. Obra: Los tres reyes y un simple. Compañía: Tesis Teatro (Colombia). Lugar e hora: Casa da Cultura, 18h.
  • Betanzos. Obra: El señor del mar. Compañía: Madero Grupo Teatro (Perú). Edif. Liceo, ás 11.30 h.



Sábado 8:

  • Betanzos. Obra: Juanito y los frijoles mágicos. Compañía: La Bicicleta (Costa Rica). Edif. Liceo ás 18h.
  • Cambre. Obra: El EnmaZcarado. Compañía: El Conchón (Chile). Lugar e hora: CSC Graxal, ás 19 h.
  • Bergondo. Obra: Histórias com deperdícios. Compañía: Teatro de la Plaza (Brasil). Lugar e hora: A Senra, ás 18h.
  • Arteixo. Obra: Nana Luna. Compañía: La Mar de las marionetas (Madrid). Lugar e hora: Auditorio do Centro Cívico Cultural, 12.30h.



Domingo 9:

  • Betanzos. Obra: Sopa. Compañía: Títeres Cachiporra (Uruguai). Edif. Liceo, ás 18h.
  • Oleiros.
    • Obra: Sopa. Compañía: Títeres Cachiporra (Uruguai). Auditorio CC A Fábrica ás 12 h.
    • ReCuerdos: Taller de Arte Colectivo (Arxentina). Auditorio CC A Fábrica ás 19 h.
  • Sada. Obra: Nana Luna. Compañía: La Mar de las marionetas (Madrid). Lugar e hora: Casa da Cultura Pintor Llorens, ás 18 h.
  • Arteixo. Obra: Juanito y los frijoles mágicos. Compañía: La Bicicleta (Costa Rica). Lugar e hora: Auditorio do Centro Cívico Cultural, 12.30h.
  • Bergondo. Obra: Torta y Leche. Compañía: Juan Catalina (Soria) . Lugar e hora: A Senra, ás 18h.
  • Abegondo. Obra: La Carpa de los Dos Dolores. Compañía: Guiñoleros UAS (México). Lugar e hora: Campo da feira, ás 12 h.



Luns 10:

  • Betanzos. Obra: El EnmaZcarado. Compañía: El Conchón (Chile). Edif. Liceo, ás 11.30h.
  • Abegondo. Obra: El lobo Rodrigo. Compañía: El Albrojito (Arxentina). Lugar e hora: Escola Infantil Pasiños, ás 11.30h.



Martes 11:

  • Betanzos. Obra: ReCuerdos: Taller de Arte Colectivo (Arxentina). Edif. Liceo, ás 11.30h.
  • Cambre. Obra: El lobo Rodrigo. Compañía: El Albrojito (Arxentina). Lugar e hora: CSC Graxal, ás 19h.



Mércores 12:

  • Arteixo. Obra: El lobo Rodrigo. Compañía: El Albrojito (Arxentina). Lugar e hora: Auditorio do Centro Cívico Cultural, 12.30h.





Más información:
Consorcio As Mariñas: 981 78 47 04 (Mercedes)
Asoc. Cultural Barriga Verde: 605 880 858 (Jorge Rey)

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org