español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

X Xornada de Sensibilización sobre Saúde Mental

[19/10/2011] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

A xornada terá lugar en Culleredo e dará comezo ás 20 horas

UNHA MESA REDONDA PECHA MAÑÁ AS XORNADAS SOBRE SAÚDE MENTAL QUE ORGANIZA O CONSORCIO AS MARIÑAS


2 de novembro de 2011- Unha xornada técnica pechará mañá a X Xornada de Sensibilización sobre Saúde Mental que un ano máis impulsa o Consorcio As Mariñas. Baixo o lema ?Saúde Mental e atención primaria: mellorando os tratamentos e promovendo a saúde? ten como obxectivo sensibilizar ao público en xeral sobre a necesidade de visibilizar e facilitar a integración deste colectivo na sociedade. A xornada comenzará ás 20 horas no Salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo e será inaugurada pola Sudirectora Xeral de Xestión Sociosanita e Saúde Mental da Consellería de Sanidade, que estará acompañada polo presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso Miramontes, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán e o presidente de APEM, José Luís Muruzábal. A continuación desenvolverase unha mesa redonda: ?O gran empuxe: inversión en saúde mental? na que participarán Manuel Arrojo Romero, xefe do servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencias da Consellería de Sanidade, o Dr. Juan Carlos Díaz del Valle., Psiquiatra do Hospital de Oza, Ignacio Crespo, responsable da comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas e Esther Monterroso, directora de APEM. Estas xornadas forman parte do plan de acción do Consorcio As Mariñas creado para favorecer a integración das persoas enfermas mentais dos concellos que forman parte da entidade supramunicipal e que se traduce na colaboración con APEM no estudo de necesidades sociais, prestación e posta en marcha de novos servizos e programas coordinados que promovan a atención, rehabilitación, asistencia e inserción social e laboral das persoas con enfermidades mentais.


O 15% dos usuarios do gabinete de inserción sociolaboral do Consorcio teñen discapacidade psíquica

O CONSORCIO AS MARIÑAS ANALIZARÁ A IMPORTANCIA DA ATENCIÓN PRIMARIA PARA AS PERSOAS QUE PADECEN ENFERMIDADES MENTAIS

19 de outubro de 2010- O Consorcio As Mariñas organiza os vindeiros xoves 20 de outubro e 3 de novembro a X Xornada de Sensibilización sobre Saúde Mental unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a integración deste colectivo na sociedade. O foro 2011 foi presentado esta mañá en rolda de prensa por Ignacio Crespo López, responsable da comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas,  Esther Monterroso, directora de APEM así como a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Máquez, a alcaldesa en funcións de Oleiros Mª José Varela, concelleiras de Abegondo e Betanzos, acompañados de Manuel Ríos 'Manolete' e Mª del Carmen Presas, presidente y delegada respectivamente dos Veteranos do RC Deportivo.

Estas xornadas forman parte do plan de accións do Consorcio As Mariñas creado para favorecer a integración das persoas enfermas mentais dos concellos que forman parte da entidade supramunicipal e que se traduce na colaboración con APEM no estudo de necesidades sociais, prestación e posta en marcha de novos servizos e programas coordinados que promovan a atención, rehabilitación, asistencia e inserción social e laboral das persoas con enfermidades mentais. Neste sentido, desde xaneiro ata setembro do 2011 o 49% dos usuarios do programa de formación a medida e das brigadas móbiles que promove o Consorcio para impulsar a integración laboral son persoas con algunha discapacidade psíquica. Ademais, o 15% dos usuarios do gabinete de inserción sociolaboral do Consorcio teñen discapacidade psíquica. Segundo declarou Ignacio Crespo, 'o Consorcio é coñecedor do gran reto que supón, nestes tempos de crise, adaptar as estratexias de traballo con este sector da poboación, lembrando que non se trata dunha busca de emprego ordinaria senón que estamos a falar de normalizar situacións de vida de persoas con enfermidade mental'.

O programa das xornadas abrirase cun torneo de fútbol sala entre os equipos do Consorcio As Mariñas, Apem, Adcor e Centro Pai Menni coa colaboración dos Veteranos do RC Deportivo de A Coruña, que se disputará no polideportivo 'A Rabadeira' de Oleiros e que é resultado da cada vez maior importancia do deporte como vehículo de integración social. Está previsto que acudan os xogadores Fran, Manjarín, Andrade e Chema, entre outros.

Xa o xoves 3 de novembro, comezará a xornada técnica cunha mesa redonda sobre a inversión en saúde mental que terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo e na que intervirán Fernanda López Crecente, subdirectora xeral de Xestión sociosanitaria e saúde mental da Xunta de Galicia; Manuel Serrano Vázquez, xefe de servizo de psiquiatría da área sanitaria de A Coruña; Esther Monterroso, directora de APEM; Rocío Sampedro Díaz, concelleira de Sanidade e Igualdade do concello de Culleredo  e Ignacio Crespo López, responsable da Comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas. Á inauguración asistirán tamén, José Antonio Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariña se  Julio Sacristán , alcalde de Culleredo.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org