español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

Jose Antonio Santiso, elexido novo presidente do Consorcio As Mariñas

[21/07/2011] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

A rexedora de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, ocupará a Vicepresidencia

 

JOSE ANTONIO SANTISO, ALCALDE DE ABEGONDO, ELEXIDO NOVO PRESIDENTE DO CONSORCIO AS MARIÑAS

 

O pleno celebrado o 8 de xullo de 2011 elixiu a José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, novo presidente do Consorcio As Mariñas en substitución de Julio Sacristán, máximo representante do concello de Culleredo e que dirixiu a entidade supramunicipal durante os últimos catro anos. A vicepresidencia do Consorcio, cargo que ocupaba María Dolores Faraldo, alcaldesa de Betanzos, recaeu en Alejandra Pérez Máquez, máxima dirixente de Bergondo. Santiso e Pérez foros elixidos cos votos a favor de todos os alcaldes. Os novos dirixentes do Consorcio As Mariñas agradeceron aos membros do pleno a súa confianza e loubaron a xestión do anterior equipo. Neste senso, Santiso incidiu en que "o Consorcio As Mariñas é un exemplo en toda Galicia para outras entidades supramunicipais, feito que é posible grazas ao traballo dos anteriores dirixentes". O presidente do Consorcio anunciou que tanto el como Pérez Máquez serán "a voz de todo o Consorcio e que traballaremos para corrixir os desequilibrios que hai entre os concellos, para crear un territorio cohesionado e para mellorar a calidade de vida de todos os habitantes do Consorcio". Neste senso, avanzaron que traballarán para consorciar máis servizos "algo indispensable nunha situación económica como a actual para poder seguir ofrecendo servizos de calidade a cidadanía", explicou Santiso.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org