español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

UNHA SOA VOZ

[23/11/2010] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

OS CONCELLOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS UNEN AS SÚAS VOCES A PROL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


22 de novembro de 2010.- O Consorcio As Mariñas inicia este xoves 25, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a campaña de sensibilización 'Somos unha voz contra a violencia'.

Enmarcada dentro da iniciativa da ONU '16 días contra a Violencia', a campaña quere chamar a atención da poboación da comarca ante esta problemática que ano a ano se leva por diante a vida de moitas mulleres, tal e como sinalaron Abel López Soto, presidente da Comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas e Domingo Bayo, director do Plan Coordinador de Servizos Sociais, acompañados de Marcos Pereiro un dos membros das 'Cantareiras de Ardebullo' que colaboran no vídeo de sensibilización, durante a presentación que tivo lugar esta mañá.

Un dos eixos da campaña será un vídeo que se presentará o xoves e no que os nove alcaldes do Consorcio As Mariñas tratan de debilitar moitas actitudes sociais e políticas que seguen a perpetuar a violencia machista. No vídeo, de 8 minutos, ademais dos representantes dos nove concello interveñen Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, parella cómica de actores que dan vida a Mucha e Nucha no programa Luar, da TVG. A súa participación, como persoeiros célebres, contribuirá a reforzar a sensibilización na materia. O vídeo poderá ser descargado da web do Consorcio As Mariñas e será difundido nas redes sociais.

Tras a presentación, que terá lugar no Centro Social do Froxel  (Arteixo), terán lugar dúas mesas redondas con: Cristina Martínez Fernández, socia de Themis (Asociación de Mulleres Xuristas); Lis Franco Iglesias, membro da xunta directiva fundadora de Mudega (Mulleres Deportistas Galegas); Ana Sánchez Bello, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña; Carmen García Fernández, presidenta da Asociación de Mulleres 'ELAS'; Daniel Vila Varela, secretario da Asociación de Veciños de MORÁS e Santiago Dávila, vicepresidente do Clube de Fútbol Once Caballeros.

Para finalizar esta primeira xornada, ás 20 horas haberá una concentración diante do Centro Social na que se lerá un manifesto contra a violencia de xénero redactado pola Asociación de Mulleres ELAS.

A programación da campaña continuará o luns 29, cunha conferencia sobre o papel da muller en conflitos armados que impartirá Alexandra Gabarró, técnica de Proxectos do Gabinete de Dereitos Humanos y Dereito Internacional Humanitario da Cruz Vermella de Cataluña.

Xa o día 16 de decembro, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado, terá lugar na Casa da Cultura de Sada o Encontro de Asociacións de Voluntariado no que se amosarán diferentes proxetos de voluntariado do territorio, entregarán recoñecementos as entidades e tamén se
faiará o II Concurso de Fotografía con móbil polos Dereitos Humanos, unha iniciativa que tamén forma parte da campaña e que se dirixe a rapaces de entre 12 e 18 anos da comarca. Os participantes teñen de prazo até o 30 de novembro para presentar as súas ideas sobre sobre dereitos da infancia, igualdade e equidade de xénero; medio ambiente; adolescencia e mocidade; liberdade de expresión.


PROGRAMA

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org