español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

II XIRA DE MINIBASKET

[26/05/2010] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

PRETO DE 250 NENOS E NENAS PARTICIPARÁN NA II XIRA DE MINIBASKET "CONSORCIO AS MARIÑAS"

 

 

Oleiros, 25 de maio de 2010.- Preto de 250 nenos e nenas, distribuídos en 19 equipos, participarán na II Xira de Minibasket "Consorcio As Mariñas" que celebrará este sábado no Pavillón do Colexio Valle-Inclán de Oleiros. A competición, que foi presentada esta mañá polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, acompañados por José María González Rodríguez, presidente da Agrupación Deportiva Valle Inclán e Antonio Roncero Corrochano, xerente do Consorcio As Mariñas, reunirá ás categorías alevín e benxamín (7 a 12 anos) de sete clubes e agrupacións deportivas do territorio.

 

A finalidade desta actividade é de fomentar a convivencia, xogo limpo e converter a sana rivalidade de deportistas e seareiros nunha xornada de lecer, transmitindo nas categorías base a importancia do respecto e a deportividade.

 

A xira dará comezo ás dez da mañá e enfrontará ás seguintes entidades: AD Abegondo, CB Arteixo, AD Vales Villamarín de Betanzos, AP Cambre, CB Culleredo, CEIP Barrié de la Maza de Sada, ademais dá anfitrioa, a AD Valle Inclán de Oleiros. Os equipos compartirán unha liguilla que se disputará en catro canchas de minibasket do pavillón do Colexio Valle Inclán (Perillo), aínda que tamén haberá concursos de triplas, bote en carreira e bote con obstáculos.

 

Esta segunda edición trata de dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano en Culleredo e ten carácter rotatorio co que cada ano se celebrará nun concello do Consorcio As Mariñas, tratando así de achegar o deporte de base e, neste caso, o baloncesto, a todo o territorio.

Ficheros:
BALONCSTO2010.pdf
Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org