español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

FESTIVAL JAZZ MARIÑAS 2010

[01/06/2010] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

A Coruña 1 de xuño de 2010.- Continuar apoiando ao jazz galego achegando a poboación un estilo musical considerado minoritaria e servir de plataforma aos artistas do país. Estas son as sinais de identidade da terceira edición da Mostra de Jazz Galego Jazz Mariñas, iniciativa promovida polo Consorcio As Mariñas coa financiación da Deputación da Coruña e que ano a ano ten unha extraordinaria acollida por parte do público.

 

Dirixido polo compositor e productor musical Nani García, o festival, que foi presentado esta mañá, recorrerá as localidades de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada durante o mes de xuño, contribuíndo así a enriquecer a actividade cultural deste concellos achegando á cidadanía novas ofertas. Todos os concertos son gratuítos.

 

Jazz Mariñas iniciará a súa programación o venres 4 e continuará durante todas as fines de semanas de xuño. O calendario é o seguinte:

 

  • -    VENRES 4: Clunia. Centro Cultural A Fábrica, Oleiros. 21 h.
  • -    SÁBADO 5: Antonio Agra Quintet. A Senra, Bergondo 20h.
  • -    VENRES 11: Clifford. Centro Cívico e Cultural, Arteixo. 20.30h.
  • -    SÁBADO 12: Jazzanga. Casa Cultural Pintor Lloréns, Sada 20h.
  • -    VENRES 18: Brigada Bravo-Díaz. Centro Cultural O Graxal, Cambre. 20.30h.
  • -    SÁBADO 19: Verónica Ferreiro. Centro Social Toñito Espiñeira, Carral. 20h
  • -    VENRES 25: Xan Campos Trío. Xardín Botánico - O Burgo, Culleredo 20.30h.
  • -    SÁBADO 26: Kin García Trío. Aula Municipal de Cultura, Betanzos. 20.30h

 

Xunto as actuación para o público xeral, esta terceira edición do festival ofreceu unha ducia de concertos didácticos para escolares cos que se tratou de achegar ao alumnado de xeito ameno e ilustrativo á comprensión do jazz coma linguaxe. Para acadar este obxectivo un cuarteto formado por batería, contrabaixo, teclados e saxo, apoiado por un orador transmitiron que ocorre cando se está a interpretar unha peza de jazz: as regras para a interación dos músicos e a capacidade lúdica dos intérpretes, partindo dunha composición calquera ou a exposición dalgúns estilos e a súa forma de interpretalos. Estes concerto tiveron un rotundo éxito

 

 

 

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org