español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

I Xornadas Técnicas de Turismo e Comunicación

[21/06/2010] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

No marco dunha xornada organizada pola Asociación de la Prensa e co respaldo do Plan de Dinamización do Produto Turístico (PDPT) da Área Metropolitana da Coruña

A CORUÑA REUNIRÁ DURANTE DOUS DÍAS A EXPERTOS EN TURISMO E COMUNICACIÓN DE TODA ESPAÑA

O OBXECTIVO E SALIENTAR A IMPORTANCIA DO TURISMO CULTURAL E PÓR EN VALOR A SINGULARIDADE DO TERRITORIO

18 de xuño de 2010.- A Fundación Luís Seoane e o Edificio Liceo de Betanzos acollerán o vindeiro martes e mércores, respectivamente, as I Xornadas Técnicas sobre Turismo e Comunicación co obxectivo de salientar a importancia do turismo cultural e pór e valor a singularidade da Coruña e a súa área metropolitana como destino. A iniciativa, que foi presentada esta mañá en rolda de prensa por Henrique Tello, tenente de alcalde do concello da Coruña; María Antón Vilasánchez, subdirectora da Dirección Xeral de Ordenación do Turismo; Manuel González, presidente da Asociación de la Prensa de La Coruña e Julio Ramos Martínez, xerente do Plan, está organizada pola Asociación de la Prensa de La Coruña, co respaldo do Plan de Dinamización do Produto Turístico (PDPT) da Área Metropolitana da Coruña. Durante dous días, destacados xornalistas especializados no turismo, prescriptores, así como directivos, xerentes e profesionais de diferentes administracións públicas debaterán sobre sinerxías e técnicas de xestión de turismo. O programa das xornadas abarca catro grandes eixos temáticos: Patrimonio e turismo na prensa, gastronomía e hostalería como soportes do turismo, turismo como dinamizador económico e institucións, prensa e turismo. Entre outros profesionais, nas xornadas participarán Mariano Palacín, presidente da FEPET (Federación Española de Periodistas e Escritores de Turismo); Pedro Palacios, periodista de turismo e dircom dos Xogos Olímpicos de Barcelona; Antonia Justiciar, redactora de turismo de La Vanguardia; Mariano López, director da revista VIAJAR; Francisco Canabal, presidente de Hospeco; Juan Manuel Crujeiras, do Restaurante La Estación; Natalia Bettonica, directora da revista ?El Pipiripao?; Patricia Cuevas, directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia; Luis Galí; responsable do Plan Director de Turismo da Coruña; Rubén Camilo Lois González, catedrático de Análise Xeográfico Rexional; Guillermo Campos, presidente de AGAXET e director da revista H&G; Esther Eiros, directora do programa ?Gente viajera?, de Onda Cero, etc. Xunto a eles, estarán tamén representantes de diferentes administracións como Carmen Pardo, secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia e Julio Sacristán de Diego, presidente do Consorcio As Mariñas. Traballo conxunto Durante a presentación desta mañá, todos os asistentes sinalaron a importancia de levar a cabo xornadas técnicas deste tipo tendo en conta o poder dos medios de comunicación como canles de difusión. Así mesmo, Julio Ramos Martínez, xerente do Plan fixo un repaso sobre algunhas das accións levadas a cabo polo PDPT que, durante o seu primer ano e medio de traballo, está sendo ?un exemplo de xestión a pesar da dificultade que supón coordinar a dez municipios de moi diferentes características, aos que se engaden a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria y Turismo?. Neste sentido, para o 2010 está previsto un investimento de máis de 1,5 millóns de euros para potenciar a competitividade turística da Coruña e do territorio do Consorcio As Mariñas, e crear así un destino turístico singular, único e sólido.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org