español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

O CONSORCIO AS MARIÑAS PROMOVE EN ECOCAMBRE HÁBITOS PARA REDUCIR A PRODUCIÓN DE LIXO NO FOGAR

[04/06/2009] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

Xuño do 2009.- O Consorcio As Mariñas participa en Ecocambre realizando a difusión entre a poboación de hábitos medioambientais que reduzan a produción de lixo no fogar.

Trátase dunha nova iniciativa da entidade supramunicipal no marco da campaña Atina co lixo! que o Consorcio promove para impulsar a separación de lixo, a reutilización e a redución, e que inclúe unha guía para que a xestión de lixo no fogar resulte unha tarefa sinxela, e na que tamén se ensinan trucos de reutilización para xerar menos lixo e se informa de todos os servizos que o Consorcio As Mariñas pon a disposición da cidadanía.

Na Ecocarpa monitores do Consorcio repartiron entre os visitantes material divulgativo, ofreceron consellos e resolveron todo tipo de dúbidas

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org