español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

I CAMPUS DE ATLETISMO

[15/12/2015] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

O Consorcio As Mariñas, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o patrocinio da Deputación Provincial, organiza unha serie de campus de atletismo durante estas datas de Nadal.

Na primeira quenda (21,22 e 23 de decembro) participan os concellos de Arteixo, Bergondo, Cambre e Sada.

Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas de educación primaria (6 a 12 anos) que lles permitirá se achegar a distintas disciplinas atléticas como carreiras, salto, ou lanzamento.

O horario é de 10.00 a 13.30 horas e os deportistas participantes deberán de utilizar calzado e roupa adecuados ademais de levar algo para tomar a media mañá.

A actividade é gratuita.

As inscricións, ata o 19 de decembro próximo pódense formalizar na web www.atletismogalego.org

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org