español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

'INICIATIVA EMPRENDEDORA, AS COOPERATIVAS'

[12/11/2014] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

O concello de Sada acolleu unha xornada de promoción e difusión do cooperativismo promovida pola Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas. O técnico da mesma explicou aos presentes a fórmula cooperativa como modo de emprendemento, características, trámites e ventaxas. A xornada contou coa presenza do alcalde de Sada, Ernesto Anido que destacou a importancia destas actividades.

A Oficina de Fomento do Cooperativismo enmárcase na Rede Eusumo grazas o apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia, e co financiamento do Fondo Social Europeo.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org