EDUCACIÓN AMBIENTAL E SENSIBILIZACIÓN
1.- CAMPAÑA COAS ASOCIACIÓNS
OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN E INFORMACIÓN SOBRE A REDUCIÓN E SEPARACIÓN DE RESIDUOS
No último trimestre de 2008 puxéronse en marcha os obradoiros de sensibilización e información sobre a redución e separación de residuos dirixidos a adultos, en especial a colectivos como asociacións de amas de casa e de consumidores. Estes obradoiros baséanse nunha comunicación persoalizada cunha temática centrada na Reutilización, Redución, Reciclaxe e a Recuperación de lixo -as catro R- a través de obradoiros dirixidos a pequenos grupos có fin de que a acción sexa o mais persoalizada posible.
Están destinados preferentemente ás asociacións de amas de casa e de consumo, ampliable a outras asociacións, pertencentes aos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. As sesións teñen unha duración aproximada de unha (1) hora e están deseñadas para a asistencia de entre 15-20 persoas, poidéndose adaptar a outro número de participantes. Realízanse nas sedes das asociacións ou no local que elas determinen.
Un/unha monitor/a encargado/a de desenvolver os contidos do obradoiro trata de:
Trátase de obradoiros activos e participativos co fin de que as persoas asistentes teñan unha implicación no desenvolvemento da actividade, potenciando o grado de atención para que a mensaxe a transmitir teña o maior impacto posible.
Ao comenzo do obradoiro o monitor realiza unha batería de preguntas ás persoas asistentes para determinar o grado de coñecemento sobre reciclaxe, redución e separación. Tódalas respostas son anotadas e tras facer con elas un torbellino de ideas quédanse coas mais importantes. Unha vez concretadas o monitor reflexa a importancia das catro R poñendo como exemplos realidades da vida cotiá.
Na parte central da sesión realízase unha análise de diversos materiais que os consumidores tiran habitualmente ao lixo. As persoas participantes concretan e razoan o tratamento que dan nas súas casas a cada tipo de resíduo.
Analízanse as respostas sobre todo respecto a produtos que non cumpren con algunha das catro R (pilas non recargables, baterías de móbiles, lámpadas,...)
Na última parte do obradoiro fálase sobre os puntos limpos: que son, funcionamento, materiais que recollen, situación e horarios en cada concello. Remata o monitor remarcando os puntos mais importantes vistos na sesión e resolvendo dudas.
Co fin de involucrar ao público asistente ao obradoiro faise entrega dun obsequio relacionado coa temática, como son bolsas de material reciclado (que respaldan a reutilización frente ás de plástico) e trapos de tela (para defender o seu uso frente aos rollos de papel). Ademais sortéase un carriño da compra entre todos os asistentes.
Algunhas das asociacións participantes: