español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

+ QUE RESIDUOS

[20/03/2017] Categoría: Residuos Urbanos, Destacados

+ QUE RESIDUOS: A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos

O Consorcio As Mariñas, xunto co concello da Coruña e o Ceida, organizan o vindeiro xoves 6 de abril no Centro Ágora da Coruña, unha xornada dirixida a dar a coñecer os procedementos administrativos para a contratación da xestión dos residuos sólidos urbanos por empresas de economía social, experiencias exitosas de economía social na xestión dos residuos e a creación de emprego e empoderamento social dos colectivos en risco de exclusión social mediante o fomento de iniciativas de xestión de residuos.

Esta xornada esta dirixida a persoal técnico de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal, responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais, actores implicados na xestión dos residuos sólidos urbanos, outros actores económicos e sociais interesados e público xeral.

A entrada é gratuita e as prazas son limitadas. Pódese formalizar a inscripción no seguinte enlace: http://www.ceida.org/formacion/formulario-inscricion.html

 

 

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org