español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

PREMIOS REFUGALLANDO

[16/06/2017] Categoría: Destacados, Residuos Urbanos

O Xurado dos Premios Refugallando Cartón, que convoca o Consorcio As Mariñas en colaboración con Ferrovial Servicios, ven de fallar a segunda edición deste premio.

 

Na categoría de 0 a 3 anos o Primeiro premio, dotado con 600 ? en material escolar, recaeu na Escola Infantil de Sada polo traballo "Conduce a túa vida reciclando". O xurado destaca a creatividade e orixinalidade do proxecto que consegue interrelacionar a reciclaxe coa educación cidadá e o respecto polo medio ambiente.

 

O segundo premio, dotado con 400 ? en material escolar, correspondeulle á Escola Infantil de Pastoriza-Arteixo polo traballo "Non é unha caixa". O xurado destaca a variedade de actividades individuais e grupais e a imaxinación nas propostas realizadas así como o desenvolvemento psicomotriz e emocional o alumnado.

 

Na categoría de 3 a 6 anos alzouse co  primeiro premio, dotado con 600 ? en material escolar, a CRA de Bergondo polo traballo "Refugallando cartón no CRA de Bergondo". O xurado destaca a coherencia das actividades realizadas cos obxectivos do concurso, a orixinalidade na presentación das mesmas e as numerosas actividades realizadas ao longo do curso escolar.

 

Co segundo premio, dotado con 400 ? en material escolar,  foi para o CEIP Plurilingüe San Marcos polo traballo "RefugallArte". O xurado destaca a transversalidade do proxecto dentro dos contidos xerais do curso con numerosas actividades e propostas, plantexadas de xeito dinámico e orixinal.

 

O xurado manifestou a súa satisfacción polo esforzo e implicación amosada polo profesorado nos traballos presentados fomentando a creatividade, a sensibilidade co medio ambiente e o entorno e o compromiso na educación e promoción de valores de responsabilidade cidadá e ambiental.

O premios serán e entregados o luns 19 de xuño ás 13.00 horas na sede do Consorcio As Mariñas (Lugar de Bos. Naves O Carballal, 4. Guísamo-Bergondo).

 

"Refugallando" é un proxecto de educación ambiental dirixido ao alumnado de Educación Infantil das Escolas e Centros do territorio do Consorcio As Mariñas que se desenvolveu ao longo do curso escolar e que contou con actividades tanto para o profesorado como para o alumnado.

 

refugallando.org

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org