Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/t3lib/class.t3lib_userauth.php on line 278

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/class.tslib_fe.php on line 3221
Axenda 21
 español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Áreas de traballo »  Axenda 21

AXENDA 21

AXENDA 21 LOCAL DO CONSORCIO AS MARIÑAS

A Axenda 21 é un Programa Global para o Desenvolvemento Sostible que abrangue aspectos económicos, sociais, culturais e relativos á protección do medio ambiente. Este programa foi aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992.

Se entende porDesenvolvemento Sostible aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as capacidades de satisfacer, as súas propias necesidades, das xeracións futuras. Este concepto implica o incremento do nivel de vida do ser humano sen menoscabar a capacidade do medio natural nin esgotar os recursos, isto é, tendo en conta a capacidade de carga do medio ambiente natural. Este aumento do nivel de vida non se refire ó crecemento económico, senón á igualdade social, o desenvolvemento cultural e a mellora ambiental.

Acadar este obxectivo último da Axenda21, o desenvolvemento sostible da comunidade, precisa dunha planificación, un plan de acción que permita recoller os obxectivos xerais da Axenda21 e traducilos en plans e accións concretos para unha localidade específica. Isto só o pode facer a propia comunidade, convocando a tódolos sectores para creala e aplicala.

Moitos dos problemas e das solucións das que se ocupa a Axenda21 se relacionan coas actividades locais, a participación e cooperación das autoridades locais constituirá un factor determinante para o logro dos obxectivos. As autoridades locais se ocupan da creación, funcionamento e mantemento das infraestruturas económica, social e ecolóxica, supervisan os procesos de planificación, establecen as políticas e regulamentacións ecolóxicas locais e contribúen á aplicación das políticas ambientais nos planos nacionais e internacionais. No seu carácter de autoridade máis achegada ó pobo, desempeña unha función importantísima na educación e mobilización da cidadanía a prol dun desenvolvemento sostible.

En resumo, se pode afirmar que de acordo co principio de subsidiariedade aprobado pola Unión Europea, segundo o cal as decisións se deben adoptar no nivel axeitado máis baixo, de xeito que sexa o máis achegado posible ás persoas afectadas, o nivel local é o idóneo para o desenvolvemento das Axendas 21, por ser o máis achegado ós problemas (moitos problemas ambientais, a pesar de ser comúns á maioría das comunidades, poden ser identificados facilmente coma problemas locais), o máis achegado ás persoas e o máis achegado a moitas solucións.

Ocorre moitas veces que comunidades pequenas carecen de recursos propios ou de coñecementos suficientes para poñer en marcha un plan de acción ambiental propio. Do mesmo xeito, as unidades ecolóxicas non coinciden case en ningún caso cos límites municipais. Por todo isto, é moi aconsellable ó iniciar o proceso considerar a colaboración e cooperación entre autoridades locais veciñas. Deste xeito se poden compartir os recursos e multiplicar a eficacia das accións. Ás veces é a única posibilidade de acción para comunidades moi pequenas. Ante estes antecedentes, a experiencia noutras administracións locais na Comunidade Autónoma, aportada polo apoio da Xunta de Galicia e a firme vontade do Consorcio As Mariñas, de avanzar cara a unha xestión ambiental integrada que redunde nun desenvolvemento sostible das nosas comunidades, tomouse a decisión de iniciar o proceso da Axenda 21, coa colaboración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas.

FASES:

Declaracion de Sostibilidade

Diagnose

Plan de Acccion

Plan de seguimento

Memoria de participacion

Documento de sintese

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org