RECOLLIDA DE ACEITES DA HOSTELERIA
O Consorcio As Mariñas asinou un convenio coa empresa Protección Medioambiental,S.L.(PMA,S.L.), ésta como xestora autorizada para a recollida e reclicado de aceites de consumo doméstico e aceites minerais usados.
A recollida selectiva de aceites fritos e minerais usados é unha actuación comprendida no marco na lexislación en materia de medioambiente, normativa que, por outra banda, prohibe explicitamente os vertidos á rede de saneamiento de substancias líquidas que podan poñer en perigo para a saúde humana e atentar contra o mediambiente.
No caso de aceites fritos usados, tratase de aceites de uso doméstico procedentes de elaboración e transformación de alimentos en empresas de hostelería, colexios, hospitais, comunidades de veciños,etc.
Os contedores son entregados de balde por á empresa xestora a todos aqueles establecementos ou comunidades co soliciten a través dos servizos medioambientais do propio Consorcio.
A frecuencia do servizo será determinada polo uso dos colectores,segundo as necesidades y garántase a súa recollida sempre cos establecementos ou comunidades de veciños así o demanden.
Respecto dosaceites minerais usados, trátase de establecer a recollida selectiva de aceites minerais procedentes da labor de talleres e garaxes, e nun futuro immediato ampliar a outros consumidores.
En ámbolos dous casos o Consorcio As Mariñas realizou campañas informativas para concienciar á cidadanía e o sector da hostelería e talleres e garaxes.Mantense un proceso de seguimento periódico do cumplimiento e grado de satisfacción do usuario.