XESTIÓN DO SERVIZO DE RESIDUOS SOLIDOS
O servizo que presta o Consorcio As Mariñas no ámbito da recollida e transporte de lixo fai fincapé no traballo realizado para modernizar e optimizar os recursos do sistema de recollida selectiva de lixo, así como para adaptar o servizo ás necesidades de cada municipio en función do seu carácter rural ou urbano.
Por iso, o Consorcio moderniza os seus medios e oito anos despois da súa creación, os concellos do Consorcio As Mariñas dispoñen dos seguintes servizos:
Unha completa e moderna rede de conterización selectiva nas fraccións de orgánico, inorgánico, papel e vidro.