RECOLLIDA
O territorio do Consorcio As Mariñas caracterízase por unha dispersión poboacional moi elevada que provoca dificultades para a recollida dos residuos, o que obriga a ter un territorio dividido en dous sistemas de recollida. As áreas máis poboadas son recollidas diariamente e as zonas máis dispersas con menor periodicidade, segundo as necesidades da zona. Esta gran dispersión é o que xera maiores custos xa que encarece o transporte e obriga a que o número de colectores sexa máis elevado do normal, segundo o número de veciños, así como a gran cantidade de quilómetros percorridos en cada ruta polos camións.
Existen casos de rutas moi extensas, nas que se percorren moitos quilómetros, pero nas que o tonelaxe de residuos recollidos é moi baixo. En xeral, correspóndense estas áreas a zonas rurais moi dispersas.
Toda a problemática exposta levou a que se produxese un cambio na recollida, utilizando camións de carga traseira bicompartimentados para o rural, que recollen contedores de 800 litros para o inorgánico e 360 litros para os restos orgánicos. Este cambio permite optimizar as rutas nas áreas dispersas, reducindo os custos e o impacto ambiental que conleva o transporte pesado (gases de efecto invernadoiro, ruídos,...).
Para a optimización nas zonas urbáns apóstase pola carga lateral que recolle os restos inorgánicos, aportando máis volume de almacenaxe e eliminando o elevado número de colectores nas estradas e beirarrúas, así como os problemas urbanísticos. Nestas zonas os restos orgánicos recóllense con camións bicompartimentados que permiten a recolleita simultánea do papel-cartón ao comercio e centros oficiais (oficinas, colexios,...). Para este fin entréganselles de xeito gratuíto contedores de 360 litros onde poden almacenar o seu papel-cartón ata a retirada.
Para o control de todo o sistema e dado o grado de dispersión do territorio, instálanse nos contedores un código identificativo (TAG) que é lido á súa recollida polo camión que leva o sistema de lectura incorporada. Toda esta información permite a modificación e optimización das rutas segundo a necesidade e control. Tamén conta cun Sistema de Información Xeográfica (S.I.X.).
Isto tradúcese en:
* Unha completa rede de contenerización.
* 25 rutas que percorren 428,70 km.
* Bases e soportes.
* Microchips e adhesivos identificativos nos colectores.
* Contenerización soterrada nos concellos de Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
* Recollida bicompartimentada.