español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Taxa »  Empresas

Empresas

EMPRESAS


Entenderase de recepción obrigatoria o servizo prestado a todos os establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados.

A QUEN ESTA DIRIXIDO


  1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades á que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen ou sexan susceptibles de utilizaren vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas radicados nos termos municipais de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada nos que se preste o servicio de recollida, transporte e tratamento de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos polo Consorcio As Mariñas. Dita ocupación ou utilización entenderase sempre realizada, xa sexa a título de propietario ou usufructuario ou habitacionista, arrendatario ou, mesmo de precario.
  2. Cando se trate de servicios prestados previa solicitude, será suxeito pasivo o solicitante, ou causante da prestación.
  3. No caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo da Empresa prestadora do servicio de distribución de augas, presumirase que é suxeito pasivo o titular do abono ao citado Servicio, e no caso de establecementos nos que se realicen actividades económicas, a persoa física ou xurídica que figura como suxeito pasivo no Imposto sobre Actividades Económicas e nos restantes tributos municipais que graven ou poidan gravar a actividade desenvolvida.
  4. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas, beneficiarios do servicio.

Responderán solidariamente das obrigacións tributarios do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas á que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

COMO DARSE DE ALTA


Documentación necesaria:

  • Solicitude
  • Fotocopia NIF/CIF
  • Fotocopia do alta ou variación do Imposto sobre Actividades Económicas
  • Escritura de compra-venta ou contrato de aluguer
  • Fotocopia do último recibo de Lixo
  • Plano do local / Plano do local

COMO DARSE DE BAIXA:acompañar a solicitude coa baixa no imposto de actividades económicas.

CAMBIO DE DATOS:acompañar a solicitude cos documentos que acrediten que algún dato foi modificado.

Entenderase como declaración de alta nesta taxa a correspondente declaración de alta no Imposto sobre Actividades Económicas, tendo efectos o semestre seguinte dende a data declarada de comenzo de actividade.

Os documentos de cambio de titularidade así como de concesión de licenza de actividades surtirán os efectos de notificación de alta no Padrón da Taxa de Lixo, non sendo precisa a notificación individual da liquidación.

OFICINA


    CONSORCIO AS MARIÑAS
    Servizos Economicos- Taxa
    Planta Baixa
    Lugar de Bos. Naves o Carballal, 4

    15640 Guisamo Bergondo

    Teléfono: 981784704
    E-mail: info@consorcioam.org

    Horario: De 9:00 a 14:00 horas.

NORMATIVA

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org