Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/t3lib/class.t3lib_userauth.php on line 278

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/class.tslib_fe.php on line 3221
Gabinete de Insercion
 español  | galego 
Foto
 »  Servicios Sociales »  Que hacemos »  Servicios »  Gabinete de Insercion

Gabinete de inserción

GABINETE DE INSERCION SOCIOLABORAL


O seu obxectivo é apoiar aos equipos de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios na inserción social e laboral daquelas persoas con especiais dificultades para acceder ou manter un posto de traballo.

O servizo está baseado na idea de que o acceso ao mundo laboral é o mellor camiño para acadar unha plena integración social.

A derivación ao gabinete, como no caso de asesoría xurídica, é dende os servizos sociaisd e cada concello a través dun protocolo. Neste caso a atención é de un ou dous días ao mes dependendo do concello.

O equipo de profesionais está integrado por unha psicóloga, unha técnica de inserción e catro preparadoras laboráis.

A metodoloxía de traballo é a través de itinerarios de inserción personalizados, co acompañamento profesional necesario, e cun carácter flexible e integral, de tal forma que en todo o momento a persoa se vexa apoiada.

Os colectivos ou grupos aos que está dirixida especialmente a actividade do gabinete é o de persoas con discapacidade, enfermos mentais, mulleres con baixa ou nula formación ou capacitación profesional, persoas carentes de habilidades sociais e hábitos laborais..., en definitiva persoas con problemas de empregabilidade.

As actuacións desenvoltas dende o Gabinete son as seguintes:

  • Acompañamento na búsqueda autónoma de emprego (orientación, corrixir déficits, adquisición de habilidades...)
  • Obradoiros de preparación para a inserción, buscando conquerir a motivación necesaria a través de dinámicas grupais, combinadas con técnicas de autoaxuda, axuda mutua e titorías individualizadas.
  • Formación a medida na empresa: adestramento dentro dunha empresa nos hábitos laborais e tarefas necesarias para desenvolver un traballo e acceder a un emprego.
  • Formación e inserción laboral en espazos protexidos: pequenos espazos de inserción tutelados con servizos e recursos de axuste persoal e social. Nos últimos anos estanse a desenvolver nesta liña distintas brigadas medioambientais que realizan traballos de xardinería ou de limpeza viaria. Están integradas por unha preparadora laboral que acompaña e apoia para realizar estas tarefas, durante dous días á semana, a un grupo de arredor de cinco persoas, normalmente con algún tipo de discapacidade severa ou problema de saúde mental.NNN

Este servizo está cofinanciado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña a través dun convenio anual.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org