español  | galego 
Foto
 »  Plan coordinador »  Qué facemos »  Formación

Formación

FORMACIÓN


ENCONTRO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS: no Pazo de Mariñán, no mes de outubro, ten lugar cada ano este encontro do persoal técnico e político dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas e da Deputación da Coruña, coorganizadora do evento. Nunha xornada de confraternización entre todos os equipos de servizos sociais da comarca se presentan conferencias, mesas redondas e obradoiros sobre temas relacionados con este campo de actuación.

FORMACION PARA PERSOAS EN SITUACION DE VULNERABILIDADE OU DE EXCLUSION SOCIAL: anualmente planifícanse unha serie de actividades formativas dirixidas as persoas coas que se traballa no Gabinete de Inserción Sociolaboral do Plan Coordinador de Servizos Sociais co fin de mellorar a súa empregabilidade e incrementar as súas posibilidades de acceder a un mercado laboral. O plan de formación é extenso e variado desenvolvéndose en todos os concellos cunha ampla variedade: habilidades sociais, competencias clave, alfabetización dixital, manipulador de alimentos?

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org