español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Residuos

Residuos

 

 

QUE SON

A xeración de residuos é consecuencia directa e inevitable da presenza de ser vivos no noso planeta, producindo unha serie de materiais que non teñen unha utilidade ou un valor económico e que está destinado a ser descartado.

Nos ultimos anos, debido ao aumento gradual da poboación e ao avance tecnolóxico que produce novos materiais, aumentou a cantidade de residuos producida. Este problema vese agravado cando o residuo xerado non é acondicionado e situado correctamente.

Para poder dispoñer dos residuos eficazmente e intentar solventar esta problematica é importante distinguir os distintos tipos que hai. É moi distinto o residuo industrial que o agrícola ou que o doméstico e tamén son totalmente diferentes os residuos gasosos ou líquidos que os sólidos, ou os radiactivos e os que non o son. Pódese definir o residuo pola actividade que o orixine, esencialmente é unha clasificación sectorial:

* Residuos urbanos: os que compoñen o lixo doméstico.

* Residuos industriais. Dentro dos residuos que xera a industria é conveniente diferenciar entre:

* Inertes: Que son entullos e materiais similares, en xeral, non perigosos para o medio, aínda que algúns procedentes da minería poden conter elementos tóxicos.

* Similares a residuos urbanos: Restos de comedores, oficinas, etc.

* Residuos perigosos: Que pola súa composición química ou outras características requieren tratamento especial

* Residuos agrarios: Son os que proceden da agricultura, a gandería, a pesca, as explotacións forestais ou a industria alimenticia.

* Residuos médicos e de laboratorios: Restos do traballo clínico ou de investigación.

* Residuos radiactivos: Materiais que emiten radiactividad.

De acordo a Lei 10/1998, básica de residuos establece que, a partir de 2001, tódolos  concellos están obrigados a facerse cargo de tódolos  residuos urbáns que se producen no territorio do seuxurisdicción. Por isto, o Consorcio As Mariñas entre as súas funcións esta a da recollida e tratemiento de residuos urbáns e asimilables a urbáns.

AUMENTO DE RESIDUOS

As principais causas do aumento da xeración de residuos urbanos adoitados:

* A taxa de crecemento medio da poboación que,ademais tende a concentrarse en grandes núcleos urbanos.

* O crecemento económico que inflúe no consumo de produtos envasados.

* A conciencia que os cidadáns manifesten fronte ao crecemento dos residuos,e a actitude, aparentemente positiva, ante a redución e o reciclado

 

 

 

 

 

 

 

  • .
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballal nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org