español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Servicios »  Organico de Calidade

Organico de Calidade

Ruta de Organico de Calidade


O Consorcio As Mariñas promove a recollidad dunha fracción orgánica de calidade baseada en contedores pechados de apertura con tarxeta para os usuarios que queiran participar nesta ruta, estando instalados 20 contenedores deste tipo nas rúas sinaladas neste documento.

Entregaranse cubos individuais domiciliarios para orgánica, aireados, de PP/PE 100% reciclable, tratado contra raios U.V., con corpo troncopiramidal de base rectangular e cantos redondeados, paredes ventiladas (mais do 50%) para máxima aireación lateral e superficie interna provista de nervaduras para impedir o contacto da bolsa co mesmo. O fondo terá releves para facilitar a aireación inferior, e unha pequena base de retención para a eventual recollida de líquidos., xunto con bolsas compostables para o depósito desa materia. Disporán dunha tapa anclada ao corpo mediante bisagras con puntos de enganche, sistema de aireación na tapa por una superficie dotada de agujeros de malla cadrada, e asa plástica.

As bolsas compostables son ideais para este tipo de material, posto que se degradan xunto coa materia orgánica que contén e evitan ter que facer unha separación de bolsas plásticas na planta de tratamento de orgánica. Se trata de bolsas impermeables, transparentes, feitas de materiais biodegradables como o amidón de millo ou fécula de pataca, que non contaminan o medio.

Deste xeito os veciños que participen na ruta de orgánica de calidade dispoñen de estes elementos para a súa concienciación no proxecto e facilita a segregación en orixe dese residuo biodegradable. Trátase de promover unha separación consciente do material biodegradable e se diminúen as molestias por cheiros dentro do fogar ao ter cubos aireados específicos.

Se desexa participar na RUTA DE ORGÁNICO DE CALIDADE, cubra a solicitude en pdf e remítao ao seguinte enderezo de correo electrónico

medioambiente@consorcioam.org

ou chame o 981 784704

Actuacións cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.Obxectivo temático 6: Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.1: O investimento no sector dos residuos para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de medio ambiente e para dar resposta ás necesidades identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos devanditos requisitos; obxectivo específico 6.1.1: Desenvolver a separación, recollida selectiva e tratamento de residuos incluíndo accións de peche de ciclo.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
bondage-guru.netpornoplanet.org