español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[25/11/19] AS MARIÑAS DI NON: DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

OLEIROS, 23 de novembro de 2019

 

"Bo día! Veciñas e veciños de As Mariñas!

 

Hoxe é un deses días nos que ten especial relevancia acudir de forma conxunta a un acto destas características, no que o voso posicionamento, individual e como comunidade, é fundamental para visibilizar, a través deste xesto, a nosa postura firme e decidida a rexeitar calquera forma de violencia, especialmente a machista, e a traballar arreo pola igualdade entre mulleres e homes.

 

Por iso quero darvos as grazas, no nome de todos os concellos de As Mariñas, pola vosa presenza hoxe aquí, especialmente a todas aquelas entidades que colaboraron para poder desenvolver este acto.

 

Ano tras ano xuntámonos e amosamos cando se acerca esta data, o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, o noso rexeitamento a este mal endémico da nosa sociedade. Pero non debemos esquecer que a única forma de conseguir cambios reais e efectivos é amosando a mesma posición e a mesma actitude todos os días, os 365 días do ano.

 

As mulleres e os homes que estamos nos gobernos municipais temos unha grande responsabilidade, deseñar e implementar aquelas medidas necesarias para corrixir estas desigualdades con proxectos, programas, actuacións..., pero todo isto é inútil, non ten resultados, senón hai un cambio real no día a día de cada unha das persoas que estamos hoxe aquí.

 

Todas e cada unha das persoas que formamos as nosas comunidades temos unha responsabilidade maior, todos os días, todas as horas, no traballo, coas amizades, cos nosos fillos e fillas, cos nosos netos e netas, no bar, no deporte..., en todos os ámbitos; a responsabilidade da nosa actitude diaria.

 

Unha actitude aberta, dialogante, non violenta, respectuosa, non ofensiva, que mire ás persoas, independentemente do seu xénero, da súa ideoloxía, da súa raza, das súas crenzas... O respecto e o afecto polas persoas coas que convivimos é a base e o camiño para a convivencia en paz e en igualdade.

 

Esta actitude é o mellor legado que podemos levar ás futuras xeracións, a senda pola que transitar na convivencia para ter, nun futuro, un mundo mellor do que temos na actualidade.

 

A todas e todos pídovos unha reflexión acerca das cousas que facemos e podemos cambiar no noso día a día para acercarnos mais a esa convivencia en igualdade e libre de violencia que tanto desexamos.

 

Moitas grazas pola vosa presenza e o voso compromiso."

más información
[15/11/19] PLENO DE CONSTITUCIÓN DO CONSORCIO AS MARIÑAS

O Consorcio As Mariñas celebrou, onte xoves 14 de novembro, o pleno de constitución para o presente mandato. Neste sentido, a orde do día contemplaba a elección de presidencia e vicepresidencia, a composición das diferentes comisións e a determinación da periodicidade das sesións plenarias.

 

Á reunión acudiron os alcaldes ou alcaldesas dos concellos que conforman o ente: José Antonio Santiso, de Abegondo; Alejandra Pérez, de Bergondo; María Barral, de Betanzos; Óscar García, de Cambre; Javier Gestal, de Carral; José Ramón Rioboo, de Culleredo; e Benito Portela, de Sada. Por parte de Oleiros asistiu a primeira tenente de alcalde, María José Varela.

 

A favor de que a presidencia recaese no alcalde de Abegondo votaron Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo e o propio Abegondo, que suman un total de 85 participacións. E a favor de que fose o alcalde de Oleiros votaron Carral, Sada e o propio Oleiros, que suman 52 participacións.

 

En canto á vicepresidencia, tras renunciar a que exercía ata agora, Alejandra Pérez, foi María Barral a que deu o paso adiante e asumiu o cargo.

 

 

Nostián

 

Á sesión plenaria tamén acudiron como observadores dous representantes do Comité de Empresa de Albada, empresa que ten a concesión da planta de Nostián, onde se tratan os residuos sólidos urbanos da Coruña e Consorcio. Ao terminar a reunión interviñeron para expresar a súa preocupación polo anuncio da empresa de recortar un 40% o persoal.

 

O presidente do Consorcio transmitiu en nome de todos os alcaldes e alcaldesas que a súa intención é continuar indo a Nostián, de acordo coa Coruña. O ente supramunicipal considera que o convenio asinado en 2001 con Albada determina que deben seguir ofrecendo o servizo ao Consorcio tamén a partir do 1 de xaneiro, porque se debe ofrecer nas mesmas condicións que á cidade.

 

José Antonio Santiso lembrou que están en conversas coa Coruña para participar, da forma que se acorde, no futuro de Nostián.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD