español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[16/10/13] RECOLLIDA DE RESIDUOS ORGANICOS

Coa presenza do presidente do Consorcio e de responsables de Ferrovial Servicios foron presentandos na sede do Consorcio As Mariñas o novo camión de recollida de residuo sólido orgánico de carga lateral así como os novos colectores. Estes novos medios permitirán ampliar o volume de recollida así como optimizar as rutas de carga lateral ao realizarse o valeirado de xeito automático polo conductor do camión desde a cabina do mesmo.

más información
[11/10/13] Exposición do Castro das Travesas

Exposición do Castro das Travesas

Inaugurouse na Casa da Cultura de Carral a Exposición Visitabel do Castro das Travesas. Coa presenza do presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e do alcalde de Carral, José Luis Fernández, acompañados por representantes da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, presentouse esta acción financiada polo Plan de Dinamización do Produto Turístico.

más información
[11/10/13] COMISION DE SEGUEMENTO DO PDPT

 

A comisión reuniuse para pechar o Plan de Dinamización que se desenvolveu entre o 2008 e 2013 coa participación de Consorcio As Mariñas, concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería da Coruña.

 

más información
[27/09/13] IX FESTIVAL DE TÍTERES

IX FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES

Desde mañán sábado e ata o 25 de outubro terá lugar a novena edición do Festival de Títeres 'Consorcio As Mariñas'. Serán 24 representacións nos nove concellos a cargo de 13 compañías galegas e do resto de España. A primeira sesión será mañán ás 18 horas en A Senra (Bergondo) coa representación 'Alicia no país das marabillas' pola compañía Títeres Cachirulo.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD