español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[07/03/14] BULE CON ALCER

O Consorcio As Mariñas ven de asinar un acordo de colaboración coa asociación Alcer Coruña para a realización dun programa de exercicio físico destinado a persoas que padezan doenzas crónicas e para os seus familiares. Inclúe obradoiros de desenvolvemento persoal, exercicio físico que mellore a resistencia cardiorespiratoria, forza muscular, equilibrio e flexibilidade así como a formación en hábitos saudables e outras actividades de natureza.

O presidente do Consorcio, José Antonio Santiso, e o representante de Alcer Coruña, Francisco Encinar,  coincidiron en afirmar que o programa a mellorar a calidade dos enfermos crónicos. A aportación económica do Consorcio permitirá financiar 2 cursos anuais de 20-25 participantes cada un deles, correspondentes con dous concellos de referencia, Culleredo e Arteixo , nos que terán lugar as actividades, sen prexuízo de posibles ampliacións tanto do número de grupos por Concello ou do número de Concellos e, por conseguinte, de grupos.

más información
[05/02/14] O Consorcio As Mariñas é galardoado nos Premios Coopera

O Consorcio As Mariñas ven de recibir unha mención especial na segunda edición dos Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2013. Estos premios son convocados dende a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O acto de entrega de distincións, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acompañado polo Vicepresidente, Alfonso Rueda e polo presidente da FEGAMP, José Manuel Rey, tivo lugar hoxe pola mañá na cidade da Cultura de Santiago e a el acudiu a Vicepresidenta do Consorcio e alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, acompañada de alcaldes e representantes municipais e do propio ente supramunicipal.

Nesta última edición, correspondente aos proxectos do ano 2013, o Consorcio As Mariñas acadou unha mención especial polo proxecto piloto de xestión compartida de servizos denominado 'Sistema de valorización dos residuos vexetais dos puntos limpos do Consorcio As Mariñas' co que se instalarían dúas máquinas trituradoras e compactadoras en dous puntos limpos da área, reducindo o volume dos residuos vexetais depositados de xeito que se tivera máis capacidade de recepción e se puideran tamén optimizar os transportes destes residuos ata o xestor final autorizado, reducindo custos e a contaminación que xeran.

más información
[09/12/13] VII Xornadas de Paisaxe Cultural do Noroeste

Taller Internacional: VII Xornadas de Paisaxe Cultural do Noroeste

Baixo o título 'A Paisaxe como Medio e Instrumento de Xestión. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo' están patrocinadas polo Consorcio As Mariñas, e desenvolveranse en Sada, no Antigo edificio da axudantía de Mariña de Sada (Avda. del Puerto, 24) do 10 ao 14 de decembro de 2013. Entrada de balde. Prazas limitadas. Información e inscricións: www.ceida.org

más información
[09/12/13] Modernismo na Coruña e a súa área metropolitana

Hoxe luns 9 de decembro ás 20.30 horas no Edificio da Terraza de Sada terá lugar a presentación do libro 'Modernismo na Coruña e a súa área metropolitana'. O acto será presentado polo deseñador Xosé Díaz, e nel intervirá o asesor histórico e autor dos textos do libro, José Ramón Soraluce Blond, que fará un percorrido polos tesouros modernistas do noso territorio a través das fotografías de Xurxo Lobato que ilustran a publicación.

 

Este proxecto foi financiado a través do Plan de Dinamización do Produto Turístico da Coruña e súa Área Metropolitana.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org