español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[05/03/15] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN CAMBRE

Hoxe, as 20.00 horas en Vila Concepción de Cambre, inaugurase a exposición itinerante do artista Luis Galán que leva por tí­tulo 'As Mariñas de Nunca Xamais'. Permanecerá aberta ata o 21 de marzo e poderá ser visitada de luns a venres en horario de 10 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. A exposición complementarase cun obradoiro de técnica glicée (ilustracións vectoriais) dirixida polo artista e na que poden participar afeccionados ao debuxo, á pintura, ao deseño gráfico, á fotografí­a,...e que se celebrará o mércores 18 de marzo en horario de 18.30 a 20.00 previa inscripción no 981 613193 (oficinas de Cultura do concello de Cambre)

más información
[18/02/15] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN OLEIROS

Permanece aberta no Centro Cultural A Fábrica de Oleiros a exposición itinerante 'As Mariñas de Nunca Xamáis' de Luis Galán. O horario en que pode ser visitada é de luns a venres de 9 a 15 horas e de 17 a 21.30 horas e os sábados de 10 a 13.30 horas.

Como complemento da exposición o artista impartirá un obradoiro práctico o xoves 19 a partir das 18.00 horas. A inscripción é gratuita.

más información
[15/01/15] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN SADA

A exposición itinerante 'As Mariñas de Nunca Xamais' do artista Luis Galán chega a Sada. Hoxe, ás 20 horas inaugurase na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

A mostra estará aberta ata o 31 de xaneiro en horario de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 13 horas.

más información
[09/12/14] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN BERGONDO

A exposición itinerante 'As Mariñas de Nunca Xamais' do artista Luis Galán inaugurouse no Edificio A Senra do concello de Bergondo. A mostra estará aberta ata o 20 de decembro na que se pechará cun obradoiro práctico do propio artista no que ensinará aos asistentes detalles da técnica vectorial.

O obradoiro é gratuito.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org