español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[09/12/13] VII Xornadas de Paisaxe Cultural do Noroeste

Taller Internacional: VII Xornadas de Paisaxe Cultural do Noroeste

Baixo o título 'A Paisaxe como Medio e Instrumento de Xestión. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo' están patrocinadas polo Consorcio As Mariñas, e desenvolveranse en Sada, no Antigo edificio da axudantía de Mariña de Sada (Avda. del Puerto, 24) do 10 ao 14 de decembro de 2013. Entrada de balde. Prazas limitadas. Información e inscricións: www.ceida.org

más información
[09/12/13] Modernismo na Coruña e a súa área metropolitana

Hoxe luns 9 de decembro ás 20.30 horas no Edificio da Terraza de Sada terá lugar a presentación do libro 'Modernismo na Coruña e a súa área metropolitana'. O acto será presentado polo deseñador Xosé Díaz, e nel intervirá o asesor histórico e autor dos textos do libro, José Ramón Soraluce Blond, que fará un percorrido polos tesouros modernistas do noso territorio a través das fotografías de Xurxo Lobato que ilustran a publicación.

 

Este proxecto foi financiado a través do Plan de Dinamización do Produto Turístico da Coruña e súa Área Metropolitana.

más información
[02/12/13] INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FRANCISCO ESCUDERO EN BETANZOS

Mañá martes 3 de decembro, ás 20.30 horas, inaugurarase no Edificio Liceo de BETANZOS a Exposición Itinerante 'Experiencia creativa 2002-2012' do escultor Francisco Escudero.

Estará aberta ata o 18 de decembro en horario de 12:00h  a 14:00h e de 19:00 a 21:00 (de luns a venres) e de

12:00 a 14:00 os sábados, domingos e festivos.

Esta será a última parada da exposición que levou unha selección de esculturas e debuxos da obra de Francisco Escudero por tódolos concellos do Consorcio As Mariñas

más información
[01/12/13] Inauguración da exposición de Escudero

A exposición permanecerá aberta ata o 18 de decembro na Sala de Exposicións do Edificio Liceo en horario de 12:00h  a 14:00h e de 19:00 a 21:00 (de luns a venres) e de

12:00 a 14:00 os sábados, domingos e festivos. O horario dos días 6, 7 e 8 de decembro é de 12.00 a 14.00 h.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD