español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[20/06/13] INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE ESCUDERO EN ARTEIXO

O vindeiro venres 21 de xuño ás 20.00 horas terá lugar a inauguración da Exposición Itinerante ?Experiencia creativa 2002-2012? do escultor Francisco Escudero en Arteixo. Estará aberta ata o 6 de xullo no Centro Cívico Cultural (Paseo do Balneario s/n) no seguinte horario: Xuño, de luns a venres de 09:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h. Xullo, de luns a venres de 09:00h a 14:00h.

más información
[09/06/13] FINALIZA O III CONGRESO NATUREZA E IMAXE

O vindeiro domingo, 9 de xuño, o CEIDA en colaboración co Cosnsorcio As Mariñas organiza o CICLO DE PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS que pon o punto e final ao III Congreso Natureza e Imaxe. As proxeccións terán lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) desde as 10.30 h. e no programa participarán recoñecidos profesionais que nos regalarán fermosas paisaxes e imaxes do noso patrimonio natural. A entrada é de balde.

Para consultar o programa completo:

www.ceida.org/files/Programagallego9xuno.pdf

más información
[09/06/13] V XIRA DE MINIBASKET

Hoxe foi presentada, no Salón Azul do concello de Betanzos, a quinta edición da Xira de Minibasket "Consorcio As Mariñas" que terá lugar este sábado, 8 de xuño, nas pistas exteriores do pavillón polideportivo municipal de Betanzos e que reunirá a máis de 200 nenos e nenas. Foi presentada polo concelleiro de Deportes do concello de Betanzos, Diego Fernández e o xerente do Consorcio As Mariñas, Miguel Sandar acompañados por representantes do clbue organizador e do técnico de deportes municipal. A competición contará coa participación das categorías alevín e benxamín de sete clubs e agrupacións deportivas do territorio. Este ano o club organizador é o Club Baloncesto Santo Domingo de Betanzos, que conta coa colaboración do concello de Betanzos, Cespa e Coca Cola, ademáis de coa do Consorcio As Mariñas.

A finalidade desta actividade é de fomentar a convivencia, xogo limpo e converter a sana rivalidade de deportistas e seareiros nunha xornada de lecer, transmitindo nas categorías base a importancia do respecto e a deportividade.

A xira dará comezo ás 10.00 horas e enfrontará ás seguintes entidades: Concello de Abegondo, Club Baloncesto Arteixo, CEIP Vales Villamarín de Betanzos, Baloncesto Cambre, Club Baloncesto Culleredo, AD Valle Inclán de Oleiros e CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada. Os equipos compartirán unha liguilla e concursos de habilidades.

Esta quinta edición trata de dar continuidade ao traballo comezado no ano 2009 e ten carácter rotatorio co que cada ano se celebrará nun concello do Consorcio As Mariñas, tratando así de achegar o deporte de base e, neste caso, o baloncesto, a todo o territorio.

más información
[03/06/13] EXPOSICIÓN ESCUDERO EN CULLEREDO

A Exposición Itinerante 'Experiencia creativa 2002-2012' de Francisco Escudero inagurouse o pasado venres en Culleredo, na Aula de Natureza 'Juan Lembeye' do Xardín Botánico do Burgo. A mostra estará aberta ao público ata o 15 de xuño no seguinte horario: de luns a venres de 18:00h a 21:00h. Sábados de 11:00 a 13:00 e de 18:00h a 21:00h.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD