español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[08/05/13] Exposición de Escudero en Bergondo

A exposición itinerante do escultor Francisco Escudero, que promove o Consorcio As Mariñas, inaugurouse onte no Edificio A Senra de Bergondo. Poderá ser visitada ata o 20 de maio en horario de luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 15.30 a 21.30 h.

más información
[08/05/13] Presentouse o III Congreso Natureza e Imaxe

O obxectivo deste congreso é presentar a fotografía como unha ferramenta clave para dar a coñecer á cidadanía a importancia dos recursos naturais que nos rodean e a necesidade de conservalos.

más información
[25/04/13] III Congreso Natureza e Imaxe

Datas: Maio e xuño de 2013 Lugar: Concellos do Consorcio As Mariñas Colaboran: Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Foto Artús. Organizan: CEIDA. Patrocina: Consorcio das Mariñas

O CEIDA pon en marcha, patrocinado polo Consorcio As Mariñas, o III Congreso Natureza e Imaxe, dirixido a todo o público pero, de maneira especial, aos profesionais e afeccionados á fotografía. O obxectivo é presentar a fotografía como unha ferramenta clave para dar a coñecer á cidadanía a importancia dos recursos naturais que nos rodean e a necesidade de conservalos. Preténdese, así mesmo, estimular a práctica fotográfica responsable entre os asistentes.

Durante todo o mes de maio e xuño de 2013 diferentes exposicións, conferencias, cursos, obradoiros e outras actividades relacionadas coa fotografía ou coa ilustración da natureza desenvolveranse nos concellos do Consorcio As Mariñas.

Programa completo (díptico pdf)

Estas son as actividades que necesitan inscrición:

4-5 maio: Curso de Iniciación á Fotografía Dixital da Natureza. Javier Puertas. Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Información e inscricións: www.ceida.org/formacion/curso-iniciacion-fotografia-dixital-da-natureza.html

8-9 maio: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto. Lugar: Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo).

1 xuño: Test de Biodiversidade.  Lugar: Encoro de Cecebre (Abegondo).

8 xuño: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.  Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo.

más información
[18/04/13] EXPOSICION DE FRANCISCO ESCUDERO

Onte foi inaugurada en Abegondo a exposición itinerante do escultor Francisco Escudero que leva por título "Experiencia creativa 2002-2012". Esta iniciativa cultural do Consorcio As Mariñas enmárcase na proposta conxunta das concellerías de cultura dos nove concellos que busca a promoción e difusión de manifestacións artísticas e culturais do territorio. Neste caso, e cun marcado carácter didáctico, a exposición amosa ao público aspectos pouco coñecidos do oficio de escultor complementado con conferencias e visitas guiadas á exposición.

Calendario da exposición:

 

Abegondo: do 17 ao 30 de abril no Centro Cultural "O Salón" San Tirso. Bergondo: do 6 ao 20 de maio no Edificio A Senra. Culleredo: do 1 ao 15 de xuño no Xardín Botánico. Arteixo: do 21 de xuño ao 6 de xullo no Centro Cívico Municipal. Cambre: do 11 ao 26 de xullo na Biblioteca Municipal. Carral: do 3 ao 15 de setembro no Centro Cultural "Toñito Espiñeira". Oleiros: do 27 de setembro ao 13 de outubro (lugar por determinar). Sada: do 17 ao 31 de outubro na Casa da Cultura "Pintor Lloréns". Betanzos: do 3 ao 18 de decembro no Edificio Liceo.

 

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD