español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[04/11/16] PREMIOS PLAN VERANO ECOVIDRIO

O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso, os alcaldes de Oleiros e Sada, Ángel García e Benito Portela, respectivamente e o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, entregaron hoxe os premios do Plan Verano que Ecovidrio desenvolveu nos meses de xullo e agosto en 94 localidades costeiras, pertencentes a 14 provincias e a 7 comunidades autónomas, cun total de case 10.000 establecimentos hosteleiros participantes. No caso de Oleiros e Sada foron 134 os establecementos hosteleiros participantes e recolléronse case 187 toneladas de envases de vidro.

 

O presidente do Consorcio agradeceu a colaboración dos hosteleiros e dos concellos. Os establecementos premiados foron Karaoke Sitio Distinto, Pub Cube, A Tribisqueira e Café Carnoedo.

más información
[03/11/16] AVISO

Informamos que hoxe xoves 3 de novembro celébrase San Martin de Porres, sinalado como festivo no "Convenio Colectivo do sector de saneamento público, limpeza viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros" polo que a empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo, FERROVIAL, non traballa nesta data.

Desculpen as molestias.

más información
[21/09/16] XII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES

O sábado 24 de setembro dará comenzo a decimosegunda edición do Festival Internacional de Titeres Consorcio As Mariñas que achegará espectáculos aos nove concellos ata finais de outubro.

Consulta aquí o calendario por datas e concellos.

Actividade cofinanciada pola Deputación da Coruña.

más información
[12/07/16] RECICLAXE DE VIDRO NO VERAN

O PLAN VERANO foi presentado hoxe no concello de Oleiros coa presenza do presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso, os alcaldes de Oleiros e Sada, Ángel García e Benito Portela e representantes de Ecovidro.

A través do mesmo reforzarase o servizo de recollida coa instalación de novos contenedores nos concellos de Oleiros e Sada onde está prevista a participación de case 150 establecementos hosteleiros.

Os meses de verán son claves para incrementar a recollida de vidro xa que se recicla unha terceira parte do total de vidro anual.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org