español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[15/01/15] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN SADA

A exposición itinerante 'As Mariñas de Nunca Xamais' do artista Luis Galán chega a Sada. Hoxe, ás 20 horas inaugurase na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

A mostra estará aberta ata o 31 de xaneiro en horario de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 13 horas.

más información
[09/12/14] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN BERGONDO

A exposición itinerante 'As Mariñas de Nunca Xamais' do artista Luis Galán inaugurouse no Edificio A Senra do concello de Bergondo. A mostra estará aberta ata o 20 de decembro na que se pechará cun obradoiro práctico do propio artista no que ensinará aos asistentes detalles da técnica vectorial.

O obradoiro é gratuito.

más información
[09/12/14] ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA I CARREIRA POPULAR

O pasado domingo celebrouse a carreira popular Consorcio As Mariñas no concello de Abegondo cunha participación de 322 corredores nas categorías absoluta e xuvenil a iniciación. Os vencedores foron na categoría masculina Fernando Díez Gómez e na feminina Eusebia Maldonado cuns tempos  de 28 minutos 43 segundos e 36 minutos 16 segundos respectivamente.

Esta é unha actividade subvenciónada pola Deputación Provincial da Coruña para a promoción da actividade deportiva.

más información
[05/12/14] I CARREIRA POPULAR EN ABEGONDO

Data: domingo, 7 de decembro de 2014.

Hora: a partires das 10:30 h.

Lugar: saída diante do Pavillón de Deportes de Abegondo.

Distancia: de 910 a 8.300 m.

Organiza: Consorcio As Mariñas e Concello de Abegondo.

Inscrición: en Carreiras Galegas.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org