español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[11/07/17] CONVENIO DE PROMOCIÓN DO XEODESTINO AS MARIÑAS

O Presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron un convenio para a realización de actividades de promoción e información do xeodestino As Mariñas. Estiveron acompañados polo Delegado Territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, así como pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e por concelleiros/as do resto de concellos que integran o Consorcio As Mariñas.

No convenio recollense as actividades a realizar centradas na obra e a figura do Pintor Llorens como pintor da paisaxe das Mariñas e que inclúen rutas turístico-culturais, unha exposición itinerante ao aire libre e pinturas murais, entre outras accións e conta cunha financiación de 60.000 euros dos cales 48.000 son aportados pola Axencia de Turismo de Galicia.

A ruta do Pintor Llorens forma parte da candidatura das Rutas do Impresionismo para integrarse na Rede de Itinerarios Culturais Europeos que promove o Consello Europeo.

más información
[28/06/17] NOVOS MEDIOS DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS

O Consorcio As Mariñas, dentro do Plan de Modernización do Servizo de Recollida de Residuos Urbáns, ven de presentar os novos medios que permitirán mellorar o servizo. 16 camións (carga lateral, carga traseira e específicos de papel), 6.000 novos colectores (orgánico e inorgánico), minipunto limpo móbil, composteiros domiciliarios (800 unidades) e colectores específicos para peixeirías, son algunhas das novidades presentadas. Estos medios compleméntanse cunha Brigada Cívica integrada por dous técnicos medioambientais que percorrerán o territorio sensibilizando á poboación e detectando problemas, entre outros cometidos.

A inversión alcanza os 4,3 millóns de euros e realízase a través da empresa adxudicataria do servizo, Cespa.

más información
[19/06/17] ENTREGA DOS PREMIOS REFUGALLANDO

O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso Miramontes, entregou os premios da segunda edición do concurso de iniciativas medioambientais "Refugallando" no que participaron 32 centros de infantil do territorio do Consorcio As Mariñas.

Na categoría de 0 a 3 anos o Primeiro premio, dotado con 600 ? en material escolar, recaeu na Escola Infantil de Sada. O segundo premio, dotado con 400 ? en material escolar, correspondeulle á Escola Infantil de Pastoriza-Arteixo polo traballo "Non é unha caixa".

Na categoría de 3 a 6 anos alzouse co  primeiro premio, dotado con 600 ? en material escolar, a CRA de Bergondo polo traballo "Refugallando cartón no CRA de Bergondo". O segundo premio, dotado con 400 ? en material escolar,  foi para o CEIP Plurilingüe San Marcos polo traballo "RefugallArte".

"Refugallando" é un proxecto de educación ambiental dirixido ao alumnado de Educación Infantil das Escolas e Centros do territorio do Consorcio As Mariñas que se desenvolveu ao longo do curso escolar e que contou con actividades tanto para o profesorado como para o alumnado.

refugallando.org

más información
[16/06/17] PREMIOS REFUGALLANDO

O Xurado dos Premios Refugallando Cartón, que convoca o Consorcio As Mariñas en colaboración con Ferrovial Servicios, ven de fallar a segunda edición deste premio.

 

Na categoría de 0 a 3 anos o Primeiro premio, dotado con 600 ? en material escolar, recaeu na Escola Infantil de Sada polo traballo "Conduce a túa vida reciclando". O xurado destaca a creatividade e orixinalidade do proxecto que consegue interrelacionar a reciclaxe coa educación cidadá e o respecto polo medio ambiente.

 

O segundo premio, dotado con 400 ? en material escolar, correspondeulle á Escola Infantil de Pastoriza-Arteixo polo traballo "Non é unha caixa". O xurado destaca a variedade de actividades individuais e grupais e a imaxinación nas propostas realizadas así como o desenvolvemento psicomotriz e emocional o alumnado.

 

Na categoría de 3 a 6 anos alzouse co  primeiro premio, dotado con 600 ? en material escolar, a CRA de Bergondo polo traballo "Refugallando cartón no CRA de Bergondo". O xurado destaca a coherencia das actividades realizadas cos obxectivos do concurso, a orixinalidade na presentación das mesmas e as numerosas actividades realizadas ao longo do curso escolar.

 

Co segundo premio, dotado con 400 ? en material escolar,  foi para o CEIP Plurilingüe San Marcos polo traballo "RefugallArte". O xurado destaca a transversalidade do proxecto dentro dos contidos xerais do curso con numerosas actividades e propostas, plantexadas de xeito dinámico e orixinal.

 

O xurado manifestou a súa satisfacción polo esforzo e implicación amosada polo profesorado nos traballos presentados fomentando a creatividade, a sensibilidade co medio ambiente e o entorno e o compromiso na educación e promoción de valores de responsabilidade cidadá e ambiental.

O premios serán e entregados o luns 19 de xuño ás 13.00 horas na sede do Consorcio As Mariñas (Lugar de Bos. Naves O Carballal, 4. Guísamo-Bergondo).

 

"Refugallando" é un proxecto de educación ambiental dirixido ao alumnado de Educación Infantil das Escolas e Centros do territorio do Consorcio As Mariñas que se desenvolveu ao longo do curso escolar e que contou con actividades tanto para o profesorado como para o alumnado.

 

refugallando.org

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org