español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[30/10/15] O CONSORCIO AS MARIÑAS INFORMA

Que, con motivo da festividade de Tódolos Santos e o San Martiño de Porres, patrón dos barrendeiros, e segundo reflexa o convenio colectivo en vigor para o centro de traballo de Cespa As Mariñas, o vindeiro 3 de novembro NON haberá servizo de recollida de resíduos urbanos. Nembargantes, o día 2 de novembro o servizo se realizará de xeito habitual. Igualmente se informa que os puntos limpos do Consorcio As Mariñas así como as oficiñas de Cespa en Bergondo permanecerán pechadas o luns 2 e o martes 3 de novembro.

Desculpen as molestias

más información
[22/09/15] XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES

Bergondo e Carral acollerán o sábado 26 de setembro as primeiras representacións desta nova edición do Festival. En total serán 24 representacións nos nove concellos con artistas galegos, nacionais e internacionais.

CARTEL

PLANNING

INFORMACION COMPAÑIAS

más información
[10/09/15] VISITA A DEPUTACION DA CORUÑA

José Antonio Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariñas, mantivo unha reunión de traballo co seu homólogo da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso acompañado do deputado provincial e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

Na reunión valoráronse moi positivamente as vías de colaboracións que ambas administracións manteñen tanto no ámbito dos servizos sociais coma na promoción económica ou na recadación da taxa do lixo, quedando abertas outras liñas de traballo nas que colaborar no futuro.

bit.ly/1OeDKMx

más información
[07/09/15] LOITO OFICIAL

O Consorcio As Mariñas manifesta o seu pesar polo fatal accidente do ralli de Carral e quere dar testemuña desta dor cunha concentración silenciosa hoxe luns ás 12.00 horas diante dos nove concellos. Declaráronse tres días de loito oficial e as bandeiras de tódalas sedes oficiais ondearán a media hasta.

Transmitimos o noso pésame ás familias dos falecidos e desexamos a pronta recuperación dos feridos.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org