español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[15/10/14] FUTBOL NA SEMANA DE SENSIBILIZACION DE SAUDE MENTAL

O Consorcio As Mariñas, dentro dos actos de sensibilización da Semana da Saúde Mental, organizou o tradicional triangular de fútbol sala que contou coa colaboración da Asociación de Veteranos do Real Club Deportivo, APEM (Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña) e Aspadisol (Asociacion de Padres de Niños Disminuidos Psíquicos de Oleiros). A xornada lúdica desenvolveuse no Pavillón Polideportivo Municipal de Sada e contou coa presenza dos exdeportivistas Donato, José Ramón, Miguel e Maikel que reforzaron aos equipos participantes.

más información
[29/09/14] 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS' EN CARRAL

Hoxe, as 20.30 horas na Sala de Exposicións do Edificio Toñito Espiñeira de Carral, inaugurase a exposición itinerante do artista Luis Galán que leva por título 'As Mariñas de Nunca Xamais'. Permanecerá aberta ata o 12 de outubro e poderá ser visitada de luns a venres en horario de 9 a 14.30 horas.

A exposición complementarase cunha 'Quedada-Obradoiro' de técnica glicée (ilustracións vectoriais) dirixida polo artista e na que poderán participar afeccionados ao debuxo, á pintura, ao deseño gráfico, á fotografía,... previa inscripción de balde na Casa da Cultura (teléfono 981 672 580).

más información
[26/09/14] X FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES

Bota a andar unha nova edición do Festival

Consulta a programación que se desenvolverá nos concellos do Consorcio As Mariñas

más información
[16/07/14] INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN 'AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS'

Hoxe, as 20.30 horas na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo Liceo de Betanzos, inaugurase a exposición itinerante do artista Luis Galán que leva por título 'As Mariñas de Nunca Xamais'. Esta iniciativa cultural do Consorcio As Mariñas enmárcase na proposta conxunta das concellerías de cultura e busca a promoción e difusión de manifestacións artísticas e culturais do noso territorio. Neste caso o autor amósanos as paisaxes e rincóns dos nove concellos a través dunha novedosa técnica vectorial que inunda de cores os seus cadros. Esta exposición compleméntase con sesións didácticas abertas ao público en xeral e percorrerá os nove concellos ata marzo de 2015.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org